NIGRÁN
O goberno de Nigrán propón ao pleno a prohibición de empregar glifosato nos espacios públicos do municipio
O herbicida, de uso moi extendido en Galicia, está catalogado pola Organización Mundial da Saúde como “probablemente canceríxeno para o ser humano”
O goberno de Nigrán levará ao pleno do xoves unha moción na que propón a prohibición de empregar o herbicida de acción rápida glifosato en tódolos lugares públicos do municipio para sustituílo por solucións non contaminantes. Para elo solicita tamén á Xunta que non o bote tampouco na rede viaria de competencia autonómica que atravesa Nigrán.
O glifosato é o herbicida máis empregado en Galicia en cunetas pese a estar catalogado pola Organización Mundial da Saúde como “probablemente canceríxeno para o ser humano” e supor un risco para a poboación, traballadores que o empregan, gando, flora e fauna, extendéndose súa toxicidade ao chan e as augas.
A Unión Europea aprobou recentemente unha resolución non vinculante que pide que se limite a “usos profesionais” e que se exclúa en parques, zonas de xogo ou xardíns. En Francia estúdase prohibir a súa venda
Recentemente a Unión Europea aprobou unha nova moratoria para permitir o seu uso sete anos máis aínda que no texto recolle “que se limite a usos profesionais” e que se exclúa en parques, zonas de xogo ou xardíns polo risco que supón para as persoas. “Debemos apoiar un modelo de agricultura ecolóxica, que non dependa de sustancias perigosas e respete a saúde e o medio ambiente; non se pode nunca defender o seu uso alegando reducción de custes. Temos a oportunidade de ser un municipio libre de este perigo grazas a aplicar políticas de precaución ben documentadas”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen aposta por concienciar a tódolos colectivos e entidades do municipio para que erradiquen tamén o seu uso doméstico.
Segundo recolle a propia moción, o glifosato é un herbicida total non selectivo que numerosos estudos científicos vinculan con afeccións e enfermidades relacionadas con danos xenéticos, trastornos reproductivos ou endocrinos, aumento de anomalías espérmicas e carcinoses. Ademáis, cada preparado que o contén ven acompañado de sustancias que facilitan a súa absorción e multiplican a súa toxicidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184