Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 28 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Pleno do Concello de Mos aproba por unanimidade a proposta de adxuducación do dereito de superficie da parcela da antiga Díquel

A empresa adxudicataria, INTEGASA, pagará un prezo de licitación de 25.000 euros e unha renda anual de 66.194,55 euros máis IVE.

[Img #25879]

 

O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe en sesión ordinaria do mes de xuño e por unanimidade dos seus membros a proposta de adxudicación do dereito de superficie da parcela municipal de uso industrial Faquiña “B”, antiga Díquel, á empresa Industrias Técnicas de Galicia S.A., INTEGASA.

 

O inicio do expediente e aprobación dos pregos económico-administrativos para a adxudicación, -por concurso- e regulación do dereito de superficie, desta parcela integrante do patrimonio municipal producírase no Pleno do pasado 29 de febreiro.

 

Trátase dunha parcela urbana sita no monte Faquiña, con forma rectangular e cunha superficie de nove mil quinientos catorce metros cadrados (9.514 m2). De uso industrial e que linda ao norte co monte en man común de Tameiga; ao oeste, coa Rúa Costa Faquiña e polo sur e leste, tamén co monte en man común de Tameiga.
A edificabilidade atribuíble desta parcela en metros cadrados é de 11.099,67 da cal resta por executar o 47,78% igual a 19.873 metros cúbicos.

 

Este contrato ten como finalidades: por unha banda, o establecemento no termo municipal de Mos de persoas ou entidades que se propoñan establecer grandes investimentos e, polo tanto, situar na localidade grandes explotacións de tipo industrial ou comercial (buscando deste modo, fomentar a riqueza, o emprego e o desenvolvemento xeral do Concello); por outra parte, a rentabilización das parcelas de tipo industrial das que é titular o Concello e, partindo do anterior, a obtención de recursos para os presupostos municipais que, ao cabo redundarán en beneficio de toda a veciñanza. Estes recursos obteranse directamente (prezo da concesión, canon anual), e indirectamente (os tributos xerados pola implantación das empresas).

 

Obrigas respecto ao fomento do emprego
O adxudicatario debe contratar o número de traballadores que sinala na súa oferta, procurando dar preferencia aos os veciños empadroados no Concello.


O número de traballadores co que conta a empresa é de 60.


O superficiario debe cumprir a totalidade das obrigas legalmente impostas pola lexislación vixente en materia laboral, incluída a de prevención de riscos.


Co fin de comprobar o grao de cumprimento da obriga asumida neste aspecto o superficiario deberá de entregar ao Concello nun prazo de 15 días desde a recepción da solicitude neste sentido, listado do persoal contratado e copias dos documentos xustificativos do ingreso das cotas da seguridade social. O Concello poderá reiterar estas solicitudes cunha periodicidade mensual e ata cantas veces estime preciso.


Os usos que a empresa adxudicataria lle poderá dar a esta parcela son vivenda para gardería exclusivamente (unha por industria), garaxe-aparcamento, artesanía, comercio, oficinas, gasolineiras e hostalería en xeral ao servizo dunha estrada e non situados a máis de 50 metros da liña de edificación da mesma.


A altura máxima de edificación na parcela será de 3 plantas e/ou 10 metros.


O prezo da adxudicación do contrato ascende a 25.000 euros e a renda anual é de 66.194,55 euros máis IVE.
A duración do dereito de superficie será de 40 anos. En todo caso, transcorridos os primeiros 25 anos do contrato, procederase á revisión do canon. Poderá prorrogarse de común e expreso acordo por prazos definidos.


Unha vez finalizado o prazo de duración do dereito de superficie extinguiranse os dereitos e reverterán o Concello de Mos todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.


O expediente de contratación foi adxudicado mediante procedemento aberto, á oferta económicamente máis vantaxosa conforme a unha pluralidade de criterios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.