Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 29 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Xulgado de Ponteareas prorroga seis meses, até decembro, a instrución da operación Patos

Na peza xudicial da vila están investigados o ex alcalde, Salvador González Solla, e a ex edil de Facenda e Persoal, Belén Villar, trala investigación da UDEF.

O Xulgado nº. 2 de Ponteareas ven de prorrogar as dilixencias de instrución da operación Patos, causa xudicial que investiga a corrupción destapada nesta operación e pola que están sendo investigados  o ex alcalde do PP Salvador González Solla e á ex concelleira de Facenda, Belén Villar, pola presunta comisión de delitos de prevaricación, falsidade documental e contra a facenda pública. A prórroga de investigación, a que se opuxeron as partes imputadas, foi apoiada pola fiscalía.

 

Amaiis, no día de onte, foron a declarar cinco traballadores municipais  como testemuñas sobre as obras da senda do río Tea, unha das actuacións investigadas neste proceso xudicial.


"No marco da operación Patos, a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) atribúe ao ex alcalde do PP Salvador González Solla e á ex concelleira de Facenda e Persoal, Belén Villar, a comisión de presuntos delitos de prevaricación, falsidade documental e contra a facenda pública. As presuntas actuacións delituosas de Solla e Villar están relacionadas coa concesión da estación de tratamento de auga potable á empresa Aquagest e as falsidades cometidas na xustificación de diferentes subvencións" sinaln nun comunicado emitido dende o Concello de Ponteareas.


O concello de Ponteareas está persoado neste procedemento, para poder formular unha acusación particular e esixir a responsabilidade  civil, se a houbera, que corresponda en cada caso. O Goberno local agarda que se avance nesta investigación para aclarar os posibles danos e prexuízos económicos causados ao Concello de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.