PROVINCIA
Carmela Silva inaugura a primeira Escola Pública Provincial de Igualdade de Galicia
A Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals, impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, estará situada no Castelo de Soutomaior e servirá para promover a formación e o debate en materia de igualdade.
![[Img #25905]](upload/img/periodico/img_25905.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada delegada de igualdade, Isaura Abelairas, e pola Presidenta do Diario de Pontevedra, Blanca García Montenegro, inauguraron esta mañá a Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals, un proxecto pioneiro e innovador que dá resposta ó firme compromiso da institución provincial para impulsar a igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes. Trátase do primeiro centro destas características en Galicia e un dos poucos en España, que nace coma un espazo para a formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade pero tamén coma un lugar de encontro para todas as persoas que traballan na loita contra a violencia machista e a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres.
A deputada delegada de igualdade, Isaura Abelairas, relatou como xurdiu o nacemento do servizo de igualdade “que, coa vontade, entusiasmo, implicación e compromiso das traballadoras deste servizo da Deputación de Pontevedra, impulsou o xurdimento da Escola de Igualdade como centro de intercambio de ideas e de debate”. Neste eido, Abelairas detallou que o principal obxectivo da Escola é “dotar ás mulleres de ferramentas e convertela nun lugar que permita mellorar o coñecemento e poder, cada día, ir dando un paso máis adiante en materia de igualdade”.
Pola súa banda, Blanca García Montenegro, a única muller presidenta dun medio de comunicación de Galicia, agradeceu o convite e enxalzou a figura de María Vinyals, “unha muller tan representativa para as mulleres, que tanto loitou polos nosos dereitos e que no seu tempo non foi recoñecida, por iso que a Escola de Igualdade da Deputación leve o nome da Marquesa de Ayerbe é renderlle unha homenaxe por todo o que desempeñou para impulsar a igualdade e os dereitos das mulleres”. Amais, e no que compete ó seu ámbito de traballo, García subliñou que na prensa escrita hai xa unha grande presenza feminina, con directoras de xornais en España, Europa e no mundo pero “aínda queda moito por facer”.
Preto de 200 persoas representantes da Administración local, profesionais que traballan na loita contra a violencia de xénero, mulleres do campo do deporte e mulleres electas da provincia están a debater sobre políticas de igualdade
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, encargada do peche da inauguración, destacou que “as mulleres temos que ser as protagonistas do noso propio desenvolvemento, da defensa da nosa posición no mundo, de que a loita pola igualdade, polo feminismo, sexa unha das máis importantes á que a sociedade se enfronta e que os homes nos acompañen nesta loita, a máis democrática que existe. Por iso hoxe é un día importante para Galicia e para a provincia de Pontevedra, porque grazas ó impulso de mulleres se constitúe unha Escola de Igualdade, a primeira da nosa comunidade”.
Carmela Silva destacou a importancia da formación e de impulsar que “os conceptos, os principios, os contidos da igualdade cheguen á maioría da sociedade e se estendan as políticas de igualdade ó conxunto da cidadanía a través do debate, do plantexamento de ideas e propostas de futuro así como das boas prácticas que se están a facer no mundo e de impulsar a visibilidade das mulleres feministas pero tamén doutros sectores da sociedade protagonistas do pasado pero tamén do presente, para poder seguir construíndo futuro”.
Tamén subliñou Silva o desexo de que a Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals se converta nunha “escola viva, dinámica, de encontro e de debate, de reivindicación, unha escola que beba de todas as mulleres que ocupan espazos de dirección, de poder, pero tamén de todas as mulleres que dende a universidade están a traballar para facer posible que os conceptos de igualdade cheguen ó conxunto da cidadanía; e das mulleres que están a loitar cunha lacra terrible que é terrorismo, que é a loita contra a violencia machista”.
Noutra orde de cuestións, a Presidenta da Deputación destacou a necesidade de reivindicar e impulsar unha revolución das mulleres para que ocupen os espazos que lles corresponden en todos os ámbitos que existen”. Neste eido Silva subliñou que “non hai democracia se as mulleres non temos todos os dereitos e non ocupamos os espazos que nos corresponden por iso hoxe non hai ningún acto político, se entendemos a política como un modo de cambiar o mundo, máis importante en toda Galicia que a inauguración desta Escola de Igualdade”.
Na xornada están a participar preto de 200 mulleres que son referentes en diferentes campos, amais de prsoas pertencentes á Administración local, profesionais que traballan na loita contra a violencia de xénero e a mulleres electas da provincia.
A Escola de Igualdade María Vinyals é unha aposta innovadora do novo goberno da Deputación de Pontevedra, que ten a igualdade coma un dos seus eixos principais de traballo. Dende a institución provincial creouse un servizo propio de Igualdade, inexistente ata ese momento, que está a impulsar políticas públicas en materia de igualdade. Un servizo que traballa tanto de xeito interdepartamental na propia Deputación incorporando o eixo da igualdade en todas as súas políticas, como a nivel interinstitucional traballando man a man cos concellos de Pontevedra, co resto das institucións e cos colectivos e asociacións de toda a provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149