Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Aprobado o proxecto de execución da nova Escola Infantil de Veigadaña

Tras esta aprobación xa pode ser iniciado o procedemento de contratación dos traballos de construcción do edificio.

[Img #25975]

 

O pasado mes de maio o Concello de Mos recibía o informe favorable do Consorcio  Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería de Política Social da Xunta de Galicia sobre o proxecto da Escola Infantil de Veigadaña, cuxo documento básico foi aprobado pouco despois en Xunta de Goberno Local.

 

Pois ben, a poucas semanas desta primeira aprobación, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaron  de que o pasado luns, 27 de xuño, levouse a aprobación en Xunta de Goberno Local o proxecto de execución da nova Escola Infantil da Veigadaña.

 

As representantes municipais explicaron que, tras ser aprobado o proxecto de execución, xa se pode iniciar o procedemento de contratación da empresa que acometerá a obra de construcción do novo edificio.

 

A futura nova Escola Infantil da Veigadaña será a terceira para o Concello de Mos. E estímase que a súa apertura realizarase o vindeiro ano 2017, tal e como se contemplaba dende un principio.

 

O novo centro infantil de 0-3 anos emprazarase na Veigadaña. Esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do Concello.

 

O novo edificio constará de 82 prazas e 6 unidades, e un orzamento de 863.466,82 euros. A previsión é que estea en funcionamento no 2017.

 

Ademais deste novo centro na Veigadaña, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Escola Infantil de Cototorrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011. Unha vez aberta a futura gardería da Veigadaña vanse multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009.

 

O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Cototorrón, con outras 41 prazas.

 

A nova Escola Infantil da Veigadaña terá unha superficie útil de 600 metros cadrados, situada no núcleo rural de Veigadaña.

 

A terceira Escola Infantil da localidade mosense será pronto unha realidade. A alcaldesa de Mos explica neste sentido que “a necesidade dunha nova gardería era de vital importancia, dada a enorme demanda de prazas, demanda que ademais crece cada ano, e motivo polo cal a día de hoxe temos máis de 50 nenos e nenas en lista de espera para matricularse nas dúas Escolas Infantís existentes: Porteliña e Cototorrón”, declarou Nidia Arévalo.

 

Dada a gran demanda de prazas de gardería que aumenta anualmente de xeito substancial, a nova Escola Infantil que se construirá en Mos será do formato de seis módulos, que é o máis grande de entre os existentes. “Deste xeito evitarase ter futuros novos problemas de lista de espera e ter que ampliar os edificios ou construír outros novos de cara a cubrir a demanda existente”, argumenta a rexedora local mosense.

 

O proxecto da nova Escola Infantil en Veigadaña configúrase cunha xeometría circular, optimizando a superficie e o aproveitamento da luz solar do edificio. Para formular a disposición dos distintos elementos, realizouse un estudo das orientacións da parcela, de modo que a zona de aulas disponse na parte sur e oeste, recibindo a máxima achega solar, mentres que a zona de servizos disponse na parte norte.

 

Dispóñense ademais diferentes espazos libres interiores para a realización de actividades de ocio.

 

Formúlase a utilización de sistemas de xeración de enerxía pasivos, tratando de adaptar o deseño do edificio aos estándares de sostibilidade. O proxecto pretende xerar un espazo interior de calidade no que alumnos e profesores poidan desenvolverse e gozar do proceso de aprendizaxe, unha actividade fundamental en idades tan temperás.

 

O proxecto foi realizado polos arquitectos Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós; esta última é ademais unha novísima profesional veciña de Mos, que fará unha contribución de gran relevancia ó seu Concello con esta innovadora construcción de importantísima función social.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.