PROVINCIA
Rosa Cobo resume na Escola María Vinyals a historia de tres séculos do movemento feminista, orixe das políticas públicas de igualdade
A profesora de socioloxía de xénero e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña subliña que “o movemento feminista é a condición de posibilidade das políticas públicas e non pode haber políticas públicas que cambien a desigualdade se non se critica o capitalismo neoliberal”
![[Img #25909]](upload/img/periodico/img_25909.jpg)
A segunda conferencia da xornada inaugural da Escola Pública Provincial de Igualdade María Vinyals correu a cargo da profesora de socioloxía de xénero da Universidade Rosa Cobo, moderada pola xornalista de Pontevedra Viva Marisa Ciordia Solana.
Rosa Cobo fixo un resumo da historia de máis de tres séculos do movemento feminista, facendo referencia ós textos fundacionais do mesmo e destacando que “a igualdade, este gran principio ético e político extraordinariamente civilizador, está na orixe de dúas ideoloxías emancipadoras como son a esquerda, poñendo de manifesto a xerarquía de clase, e o feminismo, visibilizando a xerarquía de xénero”.
No caso concreto do movemento feminista xorde no século XVIII aínda que “tivo momentos que estivo invisible e somerxido”. Este movemento desenvolveuse en dúas dimensións: por unha banda, un movemento intelectual que pon de manifesto que se trata dun fenómeno global que impulsa loitas políticas para conseguir dereitos que teñen formalmente atribuídos os varóns; e, por outra banda, un movemento social.
Neste repaso histórico polo movemento feminista, Roso Cobo subliñou que a partir dos anos 70 do século XX o feminismo vai pensar que o poder político é preciso para as mulleres. Neste eido, vai ser o primeiro feminismo que vai pensar en termos de políticas de igualdade, en concreto de igualdade de trato, de impulsar políticas públicas que cambien as estruturas, que engadan igualdade onde hai desigualdade, que engadan liberdade onde hai opresión.
Nos anos 80 do século XX impúlsanse políticas públicas de accións específicas, pondo en marcha os Institutos de Muller, as concellerías de muller, dotando de orzamentos específicos actuacións concretas. Trátanse das políticas que deron máis resultados.
No comezo do século XXI aparecen as políticas de mainstreaming da diversidade de xénero, pensando en mulleres sometidas a uns procesos de desigualdade moi intensos, con necesidades específicas que son máis controlables.
Unha vez rematado o repaso histórico do movemento feminista, Rosa Cobo fixo fincapé nas políticas públicas en materia de igualdade, subliñando que “teñen un carácter correctivo e compensatorio e teñen que ser provisionais ata que desapareza a desigualdade, academos novos espazos e comprometamos ó estado para desactivar a desventaxa social das mulleres”. Amais, a profesora fixo crítica das políticas de igualdade, asegurando que “para que sexan boas e eficaces teñen que producir cambios de fondo, teñen que ir orientadas, ser pensadas e deseñadas para producir cambios estruturais”. Deste este punto de vista, propuxo que as políticas de igualdade deben ser impositivas, que se repense unha nova relación entre o poder político e o movemento feminista de tal xeito que se deseñen as políticas públicas coa complicidade do mesmo e, por último, que se atenda á feminización da pobreza, máis tendo en conta os niveis de pobreza actuais que estamos a vivir. Neste contexto, Coba subliñou que “o movemento feminista é a condición de posibilidade das políticas públicas e non pode haber políticas públicas que cambien a desigualdade se non se critica o capitalismo neoliberal”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136