PROVINCIA
A conselleira de Infraestruturas agarda que o Concello de Vigo actúe "con responsabilidad"e e comece a traballar na remodelación dos accesos da estación intermodal
Remarca que a Xunta quere que Vigo conte coa primeira estación intermodal de Galicia.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que agarda “que o Concello de Vigo actúe con responsabilidade e transforme o interese prioritario que di ter pola estación intermodal en traballo e implicación: que proceda á remodelación dos accesos para dotar da adecuada operatividade á nova terminal de autobuses e ao conxunto da intermodal”. A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico subliñou que, “si tal como di o Concello de Vigo a intermodal é un dos proxectos prioritarios para a cidade, ten que cumprir coas súas obrigas e dotar a esta infraestrutura dos accesos necesarios”.
Durante a súa intervención, Ethel Vázquez explicou que na Xunta “estamos a traballar sen demora no ámbito das nosas competencias, financiando o 100% da nova terminal de autobuses e avanzando no seu deseño e construción, posto que queremos dotar á cidade dunha estación intermodal de futuro e acorde coas necesidades de transporte dos seus cidadáns e buscamos cumprir coa nosa palabra para que Vigo conte coa primeira Estación Intermodal de Galicia”.
Para iso, asegurou que a Xunta estará en condicións de licitar as obras da nova terminal de autobuses de Vigo integrada na terminal de ferrocarril a finais deste mesmo ano, xa que os fondos para a execución destas actuacións están garantidos e nos Orzamentos de 2016 reservouse unha partida de 1,3 millóns de euros. Vázquez remarcou que, neste momento, “xa dispoñemos do proxecto básico e do deseño da nova estación, polo que nuns meses contaremos tamén co proxecto construtivo”.
Salienta que a Xunta estará en cndicións de licitar as obras da terminal de autobuses serán licitadas a finais deste mesmo ano e que os fondos para a súa execución xa están garantidos
Vázquez Mourelle insistiu en que todas as administracións deben estar implicadas co fin de “dispoñer dos terreos; a adecuación das actuacións ao planeamento urbanístico; e contar cos accesos axeitados”.
Dende a Xunta, considérase que Concello de Vigo debe comezar a traballar no relativo aos accesos “porque, aínda que o PXOM aprobado no ano 2008 e agora anulado, xa prevía un prazo de 4 anos para o desenvolvemento e execución das conexións viarias necesarias para dotar de operatividade á estación intermodal”, o Concello de Vigo non levou a cabo ningunha actuación neste ámbito”.
Ethel Vázquez aclarou que “non son só os accesos á estación de autobuses, tamén son os accesos á estación de ferrocarril e ao futuro centro comercial Vialia, á estación de Thom Mayne, que tanto reclamaba o alcalde e que en 2008 asumiu expropiar e facer”.
Para Vázquez é sorprendente que teña sido “máis fácil que o Ministerio fixera o AVE e que o AVE chegue subterráneo a Urzaiz que que os autobuses poidan chegar á estación, porque o Concello non fai o seu traballo e iso que o que lle pedimos ao Concello de Vigo é o mesmo que noutros concellos: Santiago faino; Coruña ten manifestado que tamén”.
Cabe destacar que, polo que respecta á dispoñibilidade dos terreos, e dado que a meirande parte do espazo afectado pola nova terminal de autobuses é de titularidade estatal, xa se teñen acadado acordos co Ministerio de Fomento e co Adif para a súa transmisión á Xunta sen ningún tipo de contraprestación económica.
En canto ao planeamento, logo da anulación do Plan Xeral de 2008, foi a Xunta a que puxo enriba da mesa unha solución urbanística para poder levar adiante proxectos de urxencia ou de excepcional interese como neste caso.
Edificios
A nova estación de autobuses contará con case 15.500 m2 de superficie e cun investimento da Xunta de 11,7 M €. Construiranse dúas plantas para salvar o desnivel existente entre a Praza da Estación e o acceso á terminal de ferrocarril. Así, na planta superior estarán situadas as 29 dársenas para autobuses.
Vázquez subliña que, neste momento, “xa dispoñemos do proxecto básico e do deseño da nova estación, polo que nuns meses contaremos tamén co proxecto construtivo”
Na planta inferior quedará emprazado o edificio de servizos ao viaxeiro, con 570 metros cadrados de superficie útil, que acollerá a zona de espera, o servizo de información, a venda de billetes, os aseos, a consigna, a zona de oficinas, etc. O edificio de servizos ao viaxeiro será contiguo ao edificio de oficinas existente na actualidade, que haberá que manter mentres non se execute o Centro Vialia, aínda que despois poderá ser destinado a locais comerciais.
Estas dúas edificacións delimitarán nunha praza peonil cuberta a través da que van circular os fluxos peonís asociados á estación intermodal. Polo tanto, a nova estación de autobuses que se está a deseñar na Xunta para Vigo ten en conta aspectos construtivos, funcionais e urbanísticos; presenta unha estética singular, adaptada ás peculiaridades do terreo, tamén á idiosincrasia da cidade, acorde co contorno e integrada no futuro Centro Vialia; e conta cun deseño eficiente e funcional, que permite responder mellor ás necesidades de transporte dos cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136