Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 02 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación colaborará co Concello de Ponteareas para mellorar a mobilidade peonil no núcleo urbano

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, escoitou esta semana as peticións do alcalde, quen solicitou a urbanización das vías provinciais que dan acceso aos núcleos de Ribadetea, Areas, Guláns e Santiago de Oliveira.

[Img #25921]

 

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuseesta semana co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas para priorizar as actuacións nas vías provinciais que se deben acometer no concello. O responsable provincial comprometeuse a colaborar co goberno local para mellorar a mobilidade peonil no núcleo urbano e puxo a disposición medios técnicos e persoais que permitirán asesoramento concreto sobre as estradas do centro. A finalidade é determinar unha estratexia global de mobilidade que permita recuperar espazos para as persoas.

 

Segundo explicou Benítez, a intención do concello de Ponteareas é seguir as directrices do decálogo de actuación da Deputación, que establece que se primarán os  movementos peonís fronte aos desprazamentos de vehículos a motor. Así, nos vindeiros días fixarase unha visita á vila do propio deputado e do asesor de Mobilidade, Jesús Fole, co fin de recoller información in situ sobre as características do viario.

 

Por outra banda, Benítez recolleu as solicitudes do alcalde de mellorar a mobilidade da EP-2703 á altura da parroquia de Ribadetea. Neste núcleo de poboación existen tanto unha igrexa, como un centro cultural como un colexio, motivo polo que a estrada soporta unha grande cantidade de vehículos e tamén de peóns. "Veremos de estudar a posibilidade de crear un tramo peonil que permita unha mobilidade sostible e con características de seguranza viaria, eliminando posibles riscos", asegurou o deputado.

 

Tamén se fará un estudo similar para o contorno da parroquia de Areas (EP-4005), no que se pretende realizar unha senda peonil que conecte a igrexa. Igual ocorre coa EP-4004 e a igrexa e o colexio de Guláns, para as que o concello solicita unha urbanización e una posible transferencia da vía, que pasaría a ser municipal. Por outra banda, en canto á EP-4002, non se descarta a mellora dun treito á altura da parroquia de Santiago de Oliveira.

 

No encontro entre o deputado e o alcalde tamén se fixo referencia ás actuacións que realizará a Deputación no seu viario ao abeiro do Plan Móvese, que pretende reducir a velocidade dos tránsitos motorizados e aumentar a seguranza viaria mediante a instalación de pasos de peóns sobreelevados, redutores de velocidade e zonas 30. Nestes momentos, segundo se indicou ao rexedor, estase ultimando a valoración económica das actuación para que sexan executadas tan pronto sexa posible.

 

O concello de Ponteareas conta con sete estradas provinciais que suman preto de 50 quilómetros de lonxitude, tendo en conta que algunhas son compartidas con outros municipios veciños como Pazos de Borbén.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.