Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, ben acollido polo Goberno Luso

[Img #25929]

 

O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, deu a coñecer o proxecto do futuro parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza á Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, Drª. Célia Ramos, nunha reunión celebrada en Lisboa, con moi boa acollida por parte da directiva lusa.

 

Con este encontro, o alcalde cerveirense procurou sensibilizar unha instancia máis, o Goberno Portugués, para o traballo que se ven desenvolvendo no ámbito da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño, de forma a recoller apoio para o desenvolvemento do proxecto.

 

Fernando Nogueira subliña que o futuro parque transfronteirizo ten sido moi ben acollido polas entidades dos dous lados da fronteira até o de agora, e a reunión coa Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, constitúe un paso firme na concreción deste desafío. “A Drª. Célia Ramos manifestou boa recetividade, apuntando o carácter de certo proxecto de fronteira e que merecía o seu apoio, e deu incluso algunhas suxestións no sentido de enriquecer o proxecto”, informou o alcalde.

 

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques, localizados fronte a fronte, que se complementan, e que poderán transformarse nun único espazo natural a través dunha travessia peonil sobre o río Miño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.