Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 01 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Inícianse as obras de ampliación do Parque da Auga de Sanguiñeda, posibles grazas a unha nova subvención autonómica

A segunda fase rematarase antes do remate da tempada estival e constará de novos elementos que emulen o ciclo hídrico de xeito lúdico-didáctico.

[Img #25974]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informaron esta semana do incio das obras de ampliación do Parque da Auga de Sanguiñeda, posibles grazas á concesión á administración local mosense dunha subvención para a acometida da segunda fase do denominado ‘Parque Lúdico-Didáctico da Auga’. A axuda da Xunta de Galicia,  con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, ascende a 32.000 euros, segundo explicaron as representantes municipais. Tamén informaron de que se prevé que a obra estea rematada durante este verán.

 

“Nesta segunda fase”, declarou Loureiro, “estase a crear un novo espazo recreativo para o aprendizaxe da viaxe natural da auga en Sanguiñeda”. Para elo resérvase unha superficie de 15,5 metros por 7,30 metros na que se instalarán diferentes elementos, que se suman ós xa existentes, e que representan o ciclo hídrico con traxectos alternativos de cursos de auga cos que os nenos aprenderán xogando.

 

Deste xeito, no extremo oeste, haberá unha cascada que alimente un embalse cunha comporta manual dende a que a auga poderá pasar a un río central cheo de obstáculos ou, polo contrario, ser evacuada a dous ríos afluentes de menor tamaño con divertidos circuítos alternativos regulados por comportas de paso que os cativos poden manipular. Un chorro de auga vertical con forma de paraugas no centro do parque representará as choivas torrenciais coma as que en ocasións provocan o desbordamento do mosense río Louro. O final do traxecto dos cursos fluviais desembocará no mar, que será representado cunha poza no extremo leste onde se recollerá e evacuará a auga para a súa posterior reutilización, unha vez depurada.

 

“En definitiva, trátase de continuar ampliando o Parque da Auga de Sanguiñeda que ten un claro contido didáctico e lúdico, no que os máis pequenos poden aprender xogando, coñecer os fenómenos fluviais de desbordamento de ríos, os fenómenos hidráulicos dos embalses e as presas, as comportas e os elementos que permiten conducir a auga por traxectos distintos, a forza da auga nas cascadas naturais ou a enerxía hidráulica que move muíños”, dixo a edil Julia Loureiro.

 

A concelleira aproveitou tamén para informar do horario de funcionamento da primeira fase do Parque da Auga, que durante os meses de xullo e agosto funcionará pola mañá e pola tarde de 11.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 21.00 horas.

 

Por último, Loureiro concluiu manifestando a súa “satisfacción ante o feito de que a segunda fase do Parque da Auga sexa unha realidade, xa que a primeira foi todo un éxito de afluencia de público, o que motivou a intención municipal de continuar proxectando ampliacións. A primeira desas ampliacións é xa un feito e esperamos que esta iniciativa mosense pioneira se convirta nun referente na comarca e incluso na provincia. O ano pasado foron moitos os escolares e familias de particulares procedentes de toda Pontevedra os que se achegaron a disfrutar deste entorno lúdico-didáctico do que dispomos no Concello de Mos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.