MOS
Remata o curso para maiores ‘Coñece o teu móbil’
Impartiuse no Multiusos durante os meses de maio e xuño.
O concelleiro delegado de Participación Cidadá, Camilo Augusto, visitou esta semana ós participantes do curso ‘Coñece o teu móbil’ que hoxe recibían a última clase. A concellería de Participación Cidadá de Mos organizou este curso para maiores que deu comezo o luns 9 de maio e rematou o pasado xoves 30 de xuño.
Impartiuse no Multiusos das Pozas en horario de 12.00 horas a 13.30 horas. Foi unha acción formativa totalmente gratuíta para os participantes.
Os destinatarios/as desta iniciativa foron persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos.
Obxectivos do curso
Entre as persoas de maior idade hai dous grandes mitos asociados ao uso de teléfono móbil: o primeiro que eles non precisan estes aparatos porque nunca antes os empregaron, e o segundo, que debido a súa complexidade, non van a saber como usalos. Ambas crenzas son totalmente infundadas, xa que os terminais móbiles ofrecen numerosas prestacións para os maiores, e tamén son cada vez máis fáciles de utilizar.
Por si todo isto fose pouco, os teléfonos móbiles tamén dan solución a dous dos principais temores das persoas da terceira idade. Un é a soidade -un porcentaxe moi elevado de persoas maiores viven e se senten soas-, asociado sobre todo á distancia dos seus seres queridos, e o outro é o medo a que lles suceda algún imprevisto -como un accidente doméstico, por exemplo- e que ninguén poida asistilos a tempo.
O feito de contar cun teléfono móbil a man permite liquidar ambas preocupacións, xa que cun aparato de este tipo os maiores poderán manterse en contacto cos seus familiares mediante varias vías: Skype, WhatsApp, Viber…
Por todos estes motivos, o proxecto ‘Coñece o teu móbil’ é un taller educativo concibido para que as persoas maiores participen plenamente na Sociedade da Información, e como consecuencia, melloren sensiblemente a súa calidade de vida grazas ó uso cotiá das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Neste sentido, ademais de proporcionar calidade de vida as persoas maiores, as novas tecnoloxías poden favorecer a súa comunicación e relación co entorno, evitando unha clase de exclusión que presenta nos nosos días a alfabetización dixital, e que incide neste colectivo de maneira importante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149