Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 06 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Plan Concellos achega máis de 264.000 € a Cotobade para obras de acondicionamento de pistas

Completouse xa o 77,2% do total destinado a Cotobade dentro deste Plan, o que supón uns investimentos ata agora de 396.147,94 €.

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar na súa Xunta de Goberno dúas achegas económicas para o concello de Cotobade dentro do Plan Concellos 2016, cun importe total de 264.216,43 €. Ambas contías se inclúen na liña 1 de investimentos deste plan provincial. Unha achega, de 154.026,51 €, destinarase para a mellora da seguridade viaria no acceso a Aldea de Arriba - Santa María de Sacos. Outro investimento, de 110.189,92, irá para o acondicionamento e pavimentación da pista municipal en Fentáns.

 

Estas dúas novas axudas veñen sumarse ás xa concedidas anteriormente ao abeiro do Plan Concellos 2016 para o concello de Cotobade. Trátase das primeiras contías concedidas ao abeiro da liña 1, mentres que na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais-, o Plan Concellos achegou un total de 19.224,13 € para diversas viaxes, a Transgalaica, o Día do Neno, o Entroido, o Petote, os obradoiros de memoria e psicomotricidade e a X Feira de Cuspedriños.

 

Por último, na liña 4 destinada ao emprego, 112.707,38 € foron destinados á contratación de 13 traballadoras e traballadores que desenvolven os seus traballos en servizos municipais.

 

No que levamos de ano, o Plan Concellos leva executado o 77,2% do total destinado a Cotobade, o que supón polo momento uns investimentos no municipio de 396.147,94 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.