Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 05 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos asina un convenio con ACEESCA e Conservación do Parquel da Veigadaña para axardinar as rotondas do polígono

A sinatura producirase os vindeiros días e mediante a mesma perséguense obxectivos social e de embelecemento das zonas comúns do parque.

[Img #26047]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron onte da inminente sinatura, que se levará a cabo nos vindeiros días, dun convenio de colaboración entre o Concello de Mos, a Entidade de Conservación do Parque Empresarial da Veigadaña PEMOS, e ACEESCA Emprego (que xa se encarga do mantemento das zonas axardinadas municipais) para o mantemento e embelecemento das glorietas axardinadas do polígono.


As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, destacaron a “importancia deste convenio, que implica un grandísimo labor social de integración laboral das persoas que padecen algún tipo de discapacidade ó tempo que se embelecen as rotondas deste Polígono da Veigadaña, no que xa hai un elevado número de empresas instaladas e esperamos que se asenten nel moitas máis; por iso queremos conseguir que teña a súa mellor cara” declararon.


Nas glorietas dos dous accesos principais ó Parque Empresarial (xunto ó Campo de Fútbol das Baloutas e xunto á estrada Nacional 550) instalarase rego automático e adecentarase o resto. Todas serán embelecidas con traballos de xardinería mediante os que se prantarán flores e prantas adecuadas, entre elas rosais, ó ser a rosa o símbolo do Concello de Mos e o emblema do seu escudo heráldico.


Aínda que o convenio se asinará xa próximamente, as melloras realizaranse a partir do mes de setembro, que é a época máis axeitada para a prantación.


Deste xeito, ademais contribuír á labor social da inserción laboral de persoas con discapacidade, Concello e PEMOS aúnan esforzos para manter o Parque Empresarial de Veigadaña nas mellores condicións. Pola súa banda, o Concello de Mos destinará unha brigada municipal de desbroce á limpeza de maleza en taludes e zonas comúns para previr o risco de incendios.


A Xunta Directiva da Entidade de Conservación do Parque Empresarial da Veigadaña, PEMOS, está integrada por Fernando García Fontán da empresa Melytour (presidente), Lucía Rodríguez González (vicepresidenta), José Manuel Magariños Montes da empresa Tecdisma (tesoureiro e secretario), Manuel Castro Álvarez da empresa Mecoxi (vogal e actual presidente de AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos) e Alfredo Fandiño da empresa Fredi Fandiño (vogal).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.