PROVINCIA
Unha reportaxe sobre a domótica e o autismo gaña a terceira edición do premio Contar a Ciencia
A alumna da Universidade de Vigo Ariadna Cordal, vencedora da terceira edición dun certame organizado por e GCiencia e “la Caixa”.
Unha reportaxe de Ariadna Cordal, alumna da Universidade de Vigo, resultou gañadora da terceira edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia, convocado conxuntamente por la Caixa e GCiencia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O traballo analiza un proxecto de estudantes de Telecomunicación da Uvigo para desenvolver un sistema de domótica que fai máis fácil a vida dos autistas e mesmo podería aplicarse tamén a outros tipos de persoas dependentes. A reportaxe leva por título Autismo 3.0: a domótica ó servizo das persoas dependentes.
O xurado valorou a calidade do traballo realizado por Cordal, que preparou unha reportaxe escrita apoiada con entrevistas audiovisuais, así como o indubidable interese que esperta a temática elixida. Como gañadora do certame, Cordal recibirá 700 euros en metálico, un smartphone Z2 da marca galega Primux –colaboradora do certamen- e un diploma acreditativo.
O segundo premio foi para a alumna da Universidade de Santiago Sara Pérez Seijo, cunha reportaxe escrita sobre as investigacións do Grupo de Neurociencias Clínicas e Investigacións Sanitarias (IDIS) para aplicar a nanotecnoloxía na detección precoz do alzhéimer. A calidade do traballo e a importancia das investigacións analizadas na reportaxe foron as razóns polas que o xurado concedeu unha distinción á reportaxe Nanotecnoloxia para a prevención do alzhéimer. A autora recibirá una tablet Siroco X da marca galega Primux e un diploma acreditativo.
Decenas de estudantes das tres universidades galegas presentaron as súas propostas de reportaxes neste Contar a Ciencia, das que foron seleccionadas as nove publicadas ao longo das últimas semanas en GCiencia. Os traballos tratan temáticas variadas e cun enfoque xornalístico orixinal, tal e como subliñou o xurado. Os finalistas desta edición foron, ademási de Cordal e Pérez Seijo, Daniel Viña (USC), María Ruiz-Falcó (UVigo), Cora Diz (UVigo), Jonatan Toucedo (UVigo), Angel Vizoso (USC), Alba Martín (UVigo) e Silvia Troncoso (UVigo).
O xurado estivo composto por representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, da delegación territorial do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da fundación “la Caixa”, de GCiencia e polo científico Antonio Figueras.
O premio pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136