Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 07 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

As Meninas impresionistas serán poxadas en Ponteareas con fins benéficos

Todos os centros educativos implicados neste proxecto social, cultural e artístico, impulsado pola profesora do Colexio Santiago Apóstol, Pilar Gallego, xunto coa colaboración da Concellería de Ensino, ceden as súas obras á FANPO para recadar fondos para o tratamento médico de Jairo.

A iniciativa Flores para as Meninas  na que levan colaborando desde o outono os centros educativos chega ao seu fin na súa primeira edición. O proxecto tenta difundir unha parte descoñecida da historia de Ponteareas: María Agustina Sarmiento Luna, filla de Diego de Sarmiento, III Conde de Salvaterra e II Marqués de Sobroso, podería ter pasado inadvertida de non ser inmortalizada polo pintor Velázquez no cadro de Las Meninas, aparecendo como a mociña que lle entrega un búcaro á princesa Margarita de Habsburgo. Amais, “trata de fomentar o talento creativo do alumnado, enriquecendo a cultura colectiva e a imaxe universal da arte floral representada nos maios e no noso Corpus. Así como o de fomentar a solidaridade a través dun proxecto que une a toda a Comunidade Educativa”, explica a concelleira de Ensino, Cristina Fernández.


A Federación de ANPAS dos Centros de Ensino Público do Condado-Paradanta e Louriña (FANPO) promove a solidariedade a través dunha poxa de todas as pezas que vai ter lugar no bar J.J. Copas, sito na Avenida de Galicia, 12, o vindeiro venres 8 de xullo ás 21:30, excepto unha delas que permanecerá nas instalacións do Concello. A recadación será destinada ao tratamento médico de Jairo, un neno ponteareán de 14 anos discapacitado por mor dunha hemorraxia cerebral.


As Meninas foron realizadas polos seguintes centros educativos: o CEIP Fermín Bouza Brey, o CPR Plurilingüe La Inmaculada, o CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, CRA A Picaraña, o CEIP Feliciano Barrera, o IES Pedra da Auga, o IES de Ponteareas, Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, Escola Profesional de Deseño de Moda Goymar, CPR Colegio Hogar Afundación – Artes gráficas, Escola de Imaxe e Son de Vigo, amais da ANPA “A Ponte” do IES Val do Tea e a pintora Belén Abalde Lorenzo, que quixo sumarse tamén a esta iniciativa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.