SALVATERRA DE MIÑO
A Salvaterrense Lucía Alonso presenta este fin de semanaa súa exposición “AMAZONIA”
![[Img #26065]](upload/img/periodico/img_26065.jpg)
Lucía Alonso é natural de Salvaterra de Miño e está graduada en Publicidade e Relacións Públicas, pero dende o ano 2013 traballa na área de fotografía. Actualmente vive en Curitiba, ao sur de Brasil, onde traballa en proxectos comerciais e autorales, e a traves da fotografía expresa, comunica e ao mesmo tempo eterniza eses momentos que para ela requiren a maior das atencións.
Este fin de semana presenta no Castelo de Dona Urraca unha exposición sobre o seu último traballo baixo o nome de “AMAZONIA”, que é unha serie que rexistra a realidade dos pobos nativos do estado do Amazonas brasileiro. Familias de indios e caboclos (mestizo de indio con home branco) que viven as ribeiras dos ríos, a gran distancia das cidades e loitan por manter a súa cultura e os seus estilos de vida, pese ás dificultades que os enfrentan cos donos das terras e co propio sistema. Estas fotografías foron feitas durante o mes de xullo do ano 2015 cando co seu marido Guilherme realizaron unha expedición de 3 semanas. Manaus foi o punto de orixe, despois navegaron polo río Negro hacia o interior da selva, onde visitaron varias aldeas e rexistrar un pouco a súa rutina, a súa vida diaria.
A exposición abrirase o sábado ás 19.00h e o domingo ás 11.30 fará unha pequena charla sobre a súa experiencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217