GALICIA
Ata 5.000 fogares galegos beneficiaranse dunha axuda de 1.000 euros para renovar cociñas e baños
“Estará dotado con preto de 3 millóns de euros e xerará investimentos por valor de 30 millóns de euros“ di o presidente.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a semana paasada a posta en marcha do Programa Reforma 16, que permitirá aforrar a 5.000 fogares galegos ata 1.000 euros do importe da renovación do equipamento das súas cociñas e baños.
Un paquete de axudas co que o Goberno galego pretende cumprir un triplo compromiso, apoiar ás familiar no acondicionamento das súas vivendas, promover a eficiencia enerxética dos edificios galegos e impulsar sectores produtivos estratéxicos vinculados ao sector da construción, da reforma e a rehabilitación.
Explica que o Igape financiará ata o 20% da compra realizada polos cidadáns e a entidade colaboradora realizará un desconto equivalente, co que a rebaixa global se aproximará ao 40%
Así, o Programa Reforma 16, que incentivará a renovación de todo tipo de equipamentos de cociña e baño, excepto electrodomésticos, incluíndo o mobiliario, os materiais de construción e os elementos de fontanería, estará dotado con preto de 3 millóns de euros e xerará investimentos por valor de 30 millóns de euros. “Concretamente,14 millóns en ventas directas de material e 16 millóns en actividade de instalación e execución das obras”, engadiu.
O Igape, explicou, financiará ata o 20% da compra realizada polos cidadáns, cun límite de entre 200 e 1.000 euros por persoa e domicilio particular e a entidade colaboradora realizará un desconto equivalente, co que a rebaixa global se aproximará ao 40%.
Asegura que entre 2015 e 2016, preto de 8.000 se terán beneficiado deste tipo de axudas
O titular da Xunta lembrou que, deste xeito o Goberno galego reforza a súa aposta por un programa que o ano pasado beneficiou a 3.000 fogares galegos, coa participación de 380 establecementos de materiais de construción e mobilizou máis de 20 millóns de euros. Entre 2015 e este ano, preto de 8.000 se terán beneficiado deste tipo de axudas, dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136