GALICIA
Xunta e Ministerio de Defensa asinan o convenio para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto risco de incendios
O Ministerio despregará un total de 25 patrullas terrestres e un equipo de mantemento móbil do Exército, que poderá incrementarse se a situación de risco así o indica.
![[Img #26101]](upload/img/periodico/img_26101.jpg)
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director general de Política de Defensa do Ministerio de Defensa, Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron en San Caetano o convenio de colaboración para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto risco de incendios forestais.
O obxectivo deste acordo é disuadir e reducir a actividade incendiaria mediante a incorporación de 25 patrullas terrestres e un equipo de mantemento móbil do Exército. Desta forma tamén se contribúe a mellorar a seguridade das persoas e os bens, así como a defender a riqueza forestal de Galicia.
Cabe destacar que en situación de risco alto ou moi alto, o Ministerio de Defensa poderá despregar ata 75 patrullas e 2 helicópteros de vixilancia no conxunto de Galicia. Estas patrullas estarán compostas por militares sobre vehículo e cabe a posibilidade de despregar dispositivos aéreos tripulados á distancia, que permitirá realizar os labores de vixilancia de incendios de forma eficiente, segura e económica.
Todo o persoal despregado polo Ministerio de Defensa sumarase ao dispositivo de loita contra incendios, que na tempada de alto risco acada os 7.000 efectivos despregados nos montes galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136