DEPORTES
Carmela Silva recibe ás dúas subcampioas pontevedresas do XIX Campionato de España de Augas Abertas Open
Águeda Cons e Paula Goyanes, que foron seleccionadas pola Selección Española para competir no Campionato de Europa de Augas Abertas Junior, estiveron acompañadas polo deportista paralímpico Chano Rodríguez.
![[Img #26109]](upload/img/periodico/img_26109.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu esta semana no Pazo provincial á directiva e ás nadadoras do Club Natación Galaico que acadaron a posición de subcampioas no XIX Campionato de España de Augas Abertas Open, Águeda Cons (subcampioa en 7,5 quilómetros Junior) e Paula Goyanes (subcampioa en 10 quilómetros Junior-2 e Absoluto). As subcampioas estiveron acompañadas polo deportista paralímpico Chano Rodríguez, que este ano volverá participar nos Xogos que se celebrarán en Río de Xaneiro. O club acadou nesta mesma cita, ademais, a medalla de bronce en categoría feminina.
A Presidenta provincial quixo resaltar "o enorme orgullo que supón para a provincia de Pontevedra" o mérito acadado polas dúas deportistas do Galaico. Á vez, tamén quixo pór en valor o papel das mulleres dentro do deporte, algo que "esta institución provincial debe impulsar porque, mala ser unha mágoa, as mulleres no deporte seguen a xogar en desvantaxe".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60