Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 09 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Redondela acolle a mostra "Mulleres en acción: Violencia zero" impulsada pola Deputación

A exposición ten por obxectivo reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na problemática da violencia machista.

[Img #26123]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e do alcalde de Redondela, Javier Bas, inaugurou  nesta vila pontevedresa a exposición itinerante impulsada pola institución provincial  "Mulleres en acción: Violencia Zero", que ata o vindeiro 31 de xullo pode verse na Casa de Cultura.

 

A mostra recolle os resultados da acción artística contemporánea do proxecto, desenvolvido simultaneamente o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por artistas galegas en 10 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña e Caldas de Reis).

 

O obxectivo da exposición é fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica fronte á violencia machista, buscando ademais unha implicación real na loita contra esta lacra, que este ano xa provocou a morte de 22 mulleres en toda España, unha delas en Galicia, e 12 menores orfos. Dende o organismo provincial, e a través desta mostra e doutras iniciativas, preténdese ademais insistir na necesidade de comezar esta loita contra a violencia de xénero entre as xeracións máis novas.

 

Carmen Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de darlle corpo a "Mulleres en acción: Violencia Zero", con diferentes recreacións artísticas o pasado 25N. Todas elas son novas artistas galegas, polo que a través desta iniciativa tamén se visibiliza o seu traballo, achegando así a arte contemporánea ás rúas a través do diálogo con todos os públicos e incentivando ao mesmo tempo a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.

 

Ánxela Blanco foi a artista que o 25 de novembro montou a súa creación en Redondela baixo o título "Penélopes", montando unha escenografía inspirada na figura de Penélope para simbolizar a ruptura coa imaxe dunha muller sumisa e carente de destino propio, sempre pendente dunha figura masculina.

 

"Mulleres en acción. Violencia Zero" está a percorrer os concellos nos que se desenvolveu o proxecto para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na actual problemática da violencia machista. A exposición, que xa se mostrou nos concellos de Pontevedra, Tomiño, Lalín, Tui e Caldas, poderase ver en Redondela a partir de hoxe e ata o 31 de xullo. En agosto chegará a Vilagarcía de Arousa, en setembro a Cangas, en outubro a Moaña e, finalmente, en novembro ao concello de Vigo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.