Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 09 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O PP denuncia o “abandono e estado deplorable” das vías provinciais da comarca

“Están nun estado lamentable, parece que non lles preocupa nin a imaxe que os visitantes poidan levar dos nosos concellos, e moito menos a seguridade dos nosos veciños”, critica a voceira Nidia Arévalo.

[Img #26134]O grupo provincial do Partido Popular denuncia o abandono e a falta de limpeza e desbroce nas estradas provinciais de toda a comarca, e esixe á Deputación de Pontevedra e á presidenta Carmela Silva, que dunha vez por todas tome en serio aos concellos da provincia.  

 

“A maleza invade as vías, co perigo que supón para a circulación e, sobre todo, para os peóns”, denuncia a voceira do grupo provincial do PP, Nidia Arévalo, que xunto co tamén deputado Javier Bas, percorreron esta mañá varias estradas provinciais nos concellos de Mos e de Redondela, entre elas a EP-2906 Os Valos-Guizán e EP-2602 Peinador-Louredo. “Están nun estado pésimo, parece que non lles preocupa nin a imaxe que os visitantes poidan levar dos nosos concellos, e moito menos a seguridade dos nosos veciños”, critican. Recordan, ademais, que a limpeza e o desbroce xogan un papel clave na loita contra os incendios.

 

“Todas dan pena, nunca estiveron así e estamos xa na segunda semana de xullo”, apunta a voceira, que explica que na institución provincial coñecen ben a situación porque tanto ela como o alcalde de Redondela reclamaron por escrito en varias ocasións unha actuación urxente nas súas vías. Din que esta comarca non é unha excepción, “está toda a provincia nun estado deplorable”, e sinalan que “mesmo os socialistas de concellos como Bueu ou Forcarei xa se pronunciaron para esixir á Deputación a limpeza das estradas da súa titularidade”.

 

 

 

 

Explican que na Deputación coñecen ben a situación porque pediron en varias ocasións que actúen

 

 

 

 

Recordan, ademais, que á falta de limpeza e desbroce nas estradas provinciais, hai que incluír outras deficiencias, como os bacheos, as sinalizacións, deterioro na sinalización horizontal e vertical...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.