Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 12 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

340.000€ para Agolada, Lalín e A Lama ao abeiro do Plan Concellos

O Goberno provincial leva investidos 17,6 millóns de € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, un grao de execución do 63%.

[Img #26147]

 

A Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar catro axudas a tres concellos da provincia, cun investimento total de 340.461,64 €, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016. Estes tres concellos son Agolada, Lalín e A Lama.

 

No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos 17.609.591,42 € nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 63,1% en canto a investimentos.

 

Ao abeiro da liña 1, Agolada recibiu 180.122,64 € destinados á realización de melloras de camiños de titularidade municipal, 83.708,84 € con firme de formigón e outros 96.413,80 € con firme de asfalto. Por outra banda, os 63.339 € achegados a Lalín correspóndense co obxecto de reforzar o pavimento das pistas de Soutolongo, Sello e Moneixas e, por último, A Lama recibe 97.000 € para o ensanche e mellora de pavimentos e drenaxes de camiño en Barcia de Seixo.

 

Con estas achegas, os graos de execución do Plan Concellos (nas catro liñas) nestes concellos sitúanse do seguinte xeito: Agolada un 78% (381.316,24 €), Lalín o 76,5% (1.293.158,31 €) e A Lama 62% (284.254,53 €).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.