Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 10 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medio millón de euros ó deporte náutico da provincia

Un total de 52 clubs pertencentes a 22 concellos da provincia reciben este ano 123.000 euros máis para o apoio ó remo, a vela e o piragüismo.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este pasado venres a concesión de subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte náutico (remo, vela e piragüismo). En total, 52 clubs pertencentes a 22 concellos da provincia recibirán 500.000 €, 123.000 € máis que os que destinaba o goberno anterior ós mesmos clubs.

 

Isto supón que o mesmo número de clubs de remo, vela, vela adaptada e piragüismo, 52, reciben un 25% máis de achegas, o que demostra o firme compromiso da nova Deputación pola promoción e fomento do deporte náutico.  En concreto, serán 26 clubs de piragüismo, 15 de remo, 10 de vela e 1 de vela adaptada pertencentes a 22 concellos da provincia os que se beneficien de achegas que abranguen dende os 3.300 € ata os 13.732 €.

 

Por comarcas, 5 clubs de remo, 4 de piragüismo e 3 de vela do Morrazo pertencentes ós concellos de Bueu (Club de Mar de Bueu), Cangas (Club de Mar Ría de Aldán, Real Club Náutico Rodeira, Club Piragüismo Aldán, Club de Remo Vila de Cangas, Club Náutico de Cangas e Liméns wind & sup club), Marín (Club Marítimo Tambo de Marín, Club de Remo Ría de Marín e Club Mar de Aguete) e Moaña (SD Samertolameu e Sociedad Deportiva Tirán) van recibir un total de 106.137 € (11.000 € máis que o ano 2015).

 

Na comarca de Pontevedra e Caldas serán 11 clubs de piragüismo e 2 de vela pertencentes ós concellos de Pontevedra (Club Piragüismo Verducido, Escuela de Piragüismo C de Pontevedra, Club Río Verdugo de Pontevedra e Club Naval de Pontevedra), Vilaboa (Club Náutico Cobres e Club Piragüismo Vilaboa), Poio (Club Escola Piragüismo Poio, Club Kayak Polo Combarro, Asociación Club Náutico Raxó e RO Yacht Club), Caldas (Club Náutico Umia), Catoira (Club Piragüismo As Torres) e Pontecesures (Club Náutico Pontecesures) os que recibirán un total de 123.062 €  o que supón preto de 30.000 € máis que o ano anterior.

 

Pola súa banda,  5 clubs de piragüismo, 3 de remo e 2 de vela do Salnés pertencentes ós concellos de Cambados (Club Piragüismo Cambados), A Illa de Arousa (Club Piragüismo Illa de Arousa), O Grove (CMDC Breogán, Amegrove Club de Remo e Club de Remo Mecos), Ribadumia (Club Náutico O Muíño), Sanxenxo (Club Piragüismo Portonovo e Club Náutico Portonovo) e Vilagarcía de Arousa (Club Remo Vilaxoán e Liceo Casino de Vilagarcía) van recibir un total de 106.223 €, é dicir, 18.223 € máis que o ano 2015.

 

No caso das comarcas de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño son 7 clubs de remo, 6 de piragüismo, 3 de vela e 1 de vela adaptada pertencentes ós concellos de Baiona (Monte Real Club de Yates), Mondariz (Club Tea Mondariz Balneario), Redondela (Club Remo Chapela e CC e Deportivo Cesantes), Tomiño (Club Deportivo Miño), Tui (Club Kayak Tudense, Club Piragüismo Penedo, Club Remo do Miño e Club Remo Tui) e Vigo (Club Kayak Vigo, Club Piragüismo Olívico, Club de Remo Virxe da Guía, Club de Remo Coruxo, Club Remeiros de Vigo, Club Marítimo de Canido, Real Club Náutico de Vigo e Agrupación Deportiva SODIM), os que recibirán un total de 164.376 € o que supón preto de66.000 € máis que o ano anterior.

 

Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ao deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como dinamizador da xuventude.  Entre  as axudas principais están as que hoxe foron aprobadas en Xunta de Goberno por valor de 500.000 € para o deporte náutico, as de deporte base federado dotadas de 600.000 euros que se aprobaron a semana pasada, as de clubs en competicións nacionais con máis de 800.000 euros que se aprobarán o día 15 de xullo,  as de actividades ordinarias dos clubes que están dotadas de medio millón de euros, ademais das actividades extraordinarias para deportistas individuais e os olímpicos

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.