PROVINCIA
Carmela Silva avoga pola internacionalización do sector do metal
A Presidenta provincial interveu no Foro Industrial de Internacionalización e Innovación na Eurorrexión do sector da metalurxia, celebrado en Vigo "Debemos sumar sinerxias entre Galicia e Norte de Portugal".
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu esta semana no Foro Industrial de Internacionalización e Innovación na Eurorrexión, centrada no sector da metalurxia, e que se celebrou no Pazo dos Escudos en Vigo. O evento estivo organizado pola Federación Luso Galaica de Industriais Metalúrxicos (FELUGA), a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e a Associação dos Industriais Metalúrgicos, Metalomecânicos e Afins de Portugal (AIMMAP).A Presidenta asegurou que "é fundamental que a provincia de Pontevedra se abra ao mundo, xa que temos unha sociedade globalizada", ao tempo que lembrou a capacidade de adaptación dos e das galegas "por mor da nosa historia, xa que somos un pobo de emigrantes", algo que casa coa integración da provincia de Pontevedra na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Carmela Silva resaltou as "grandes capacidades de internacionalización e a inmensa capacidade e creatividade" de Galicia e Pontevedra, ademais de afondar na necesidade de "traballar pola intensificación das relacións internacionais que permitan captar investimentos estranxeiros para a nosa terra que, á súa vez, xeren novas empresas e novos proxectos e impulsen tamén a internacionalización de Galicia no mundo", afirmou a Presidenta da institución provincial.
Silva puxo en valor un proxecto elaborado pola Deputación de Pontevedra que, "de feito, ten a innovación e a internacionalización por bandeiras". Trátase do CIME, "Cooperación Intelixente para favorecer a Competitividade da Industria Metalúrxica da Eurorrexión", no que a Deputación conta coa colaboración doutros socios galegos e portugueses como a ASIME e a AIMMAP, entre outras entidades.
Esta iniciativa, que conta cun orzamento de case 2 millóns de euros (1.812.931,71 €), dos cales o 75% se corresponden con fondos FEDER, persegue mellorar as capacidades de internacionalización da nosa industria do metal, reforzando o potencial de innovación e maximizando as importantes sinerxías que se dan entre as empresas radicadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A institución provincial agarda, a través del, poder dar apoio a un mínimo de 200 empresas do sector, incrementar os seus volumes de exportación no espazo de cooperación transfronteiriza e poder crear emprego directo a través de arredor de 10 convenios de bolsas con másters de internacionalización e comercio exterior.
O Foro Industrial de Internacionalización e Innovación na Eurorrexión naceu pola consciencia das entidades organizadoras da necesidade de estreitar lazos, tanto entre as empresas como entre as institucións e entidades que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O evento contou coa presenza de axentes relevantes no eido da metalurxia galega e portuguesa, un importante sector da economía e do emprego da Eurorrexión. A este respecto, Carmela Silva asegurou que "do que se trata é de unir os nosos esforzos, de afondar na nosa colaboración natural e de impulsar a Eurorrexión como marca e como modelo arredor do mundo".
O foro tivo como obxectivos dar a coñecer a fondo as posibilidades de internacionalización e as iniciativas de innovación das empresas metalúrxicas a ambos lados da fronteira, así como estreitar e fomentar as relacións á vez que realizar un networking vantaxoso e produtivo entre as empresas galegas e portuguesas participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136