Viernes, 10 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Falece un home en Vigo ao precipitarse dende unha fiestra

Un home faleceu hoxe en Vigo ao caer ao baleiro dende unha fiestra do primeiro andar dun edificio situado na rúa Miguel Hernández, na contorna da avenida de Florida. Unha persoa particular puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia ás 12:40 horas de hoxe. O persoal do CAE 112 Galicia informou a Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios desprazáronse ata o lugar dos feitos, pero nada puideron facer por salvarlle a vida o home.

 

Os profesionais do 112 Galicia tamén deron conta do acontecido á Policía Nacional, que enviou unha patrulla. Por outra banda, na Coruña, un operario resultou ferido ao caer dunha estada, que tamén se veu abaixo. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, varios traballadores caeron desa estrutura, mais só un resultou ferido. O accidente produciuse na rúa Ramón y Cajal, no edificio da Casa do Mar. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 15:40 horas desta tarde para explicar o sucedido. Os efectivos sanitarios mobilizaron unha UVI para atender á persoa ferida. Ademais, os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias alertaron do accidente laboral aos Bombeiros da Coruña, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.