PROVINCIA
Os clubs federados da provincia reciben 600.000 € da Deputación de pontevedra para participar en competicións
Esta achega beneficia a un total de 552 clubs da provincia, dos cales 122 recibirán por vez primeira as axudas, e suma un 20% máis de recursos.
O novo goberno da Deputación de Pontevedra está a destinar 600.000 €, 100.000 € máis que o anterior, a 552 clubs federados. Os clubs, que van dende o fútbol ata a loita olímpica, natación, ciclismo, esquí acuático, ximnasia, baloncesto, hípica, xadrez, motociclismo, taekwondo ou patinaxe, entre outras moitas disciplinas deportivas, xa coñecen as contías que a Deputación de Pontevedra lles achega, que supoñen un 20% máis de recursos que os que destinaba o anterior goberno.
Na busca dunha maior equidade á hora do reparto dos fondos públicos, a Deputación de Pontevedra decidiu abrir as achegas a clubs que ata o de agora non tiñan esa posibilidade, establecendo uns criterios claros e obxectivos, implantando un modelo xusto que eliminase a arbitrariedade e discriminación e repartise os fondos en base ós criterios e características de cada club. Neste contexto, cabe destacar que o anterior goberno repartía de forma lineal, discriminatoria e nominativa achegas a clubs, por exemplo, de terceira división rexional, con independencia do número de fichas federadas e equipos no club, o que se traducía en que clubs cun equipo e menos de 50 fichas recibían o mesmo importe que clubs con 5 equipos e máis de 150 fichas.
Para paliar a discriminación no reparto dos fondos públicos, o novo goberno da Deputación de Pontevedra decidiu valorar a concesión das achegas puntuando, entre outras cuestións, o nivel de competición de todas as categorías, o nivel de competición do equipo sénior, o número de equipos do club ou o número de fichas de federados. Así, o resultado do reparto das achegas, seguindo criterios claros e obxectivos, supuxo que para o 73% dos clubs deportivos se incrementase a achega, é dicir, 403 clubs deportivos da provincia recibiron 478.619 €, 226.753 € máis que co goberno anterior. Tan só ó 27% dos clubs, un total de 149, recibiron unha contía inferior debido, sobre todo, á baixa de categorías con respecto á temporada anterior ou á valoración do número de fichas e equipos. En calquera caso, a redución da achega atópase entre os 4 e os 730 € por club.
Por comarcas, o deporte base vai recibir en Caldas 20.000 € repartidos en 22 clubs, o que supón 5.389 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. Nesta comarca serán 15 as entidades que recibirán máis recursos, en concreto 16.019 € máis.
No caso do Baixo Miño 35 clubs federados recibirán preto de 30.000 €, o que supón 9.811 € máis que con respecto ó 2015. Nesta comarca serán 27 os clubs que recibirán máis recursos, 24.827 € máis. Pola súa banda, o deporte base vai recibir no Condado 38.191 € repartidos en 31 clubs, o que supón 16.119 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. En concreto, serán 25 os clubs que recibirán máis recursos, 34.772.
O deporte base vai recibir en Deza 28.624 € repartidos en 30 clubs, o que supón 8.303 € máis que con respecto ó 2015. Nesta comarca serán 23 os clubs que recibirán máis recursos, 11.210 € máis. No caso da Paradanta 6 clubs federados recibirán preto de 4.000 € o que supón preto de 1.000 € máis que con respecto ó 2015 sendo 3 os que incrementarán as achegas, 3.000 € máis.
Pola súa banda o deporte base vai recibir en Vigo 245.975 € repartidos en 222 clubs, o que significa 64.913,94 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. Nesta comarca, serán 153 os clubs que incrementarán os recursos ata 186.398 € máis que o ano 2015.
No caso da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, o deporte base vai recibir 27.333 € repartidos en 23 clubs, é dicir,8.574 € máis que con respecto ó ano anterior. En total serán 20 as entidades que recibirán máis recursos, 17.954 € máis. Pola súa banda, 64 clubs da comarca de Pontevedra ingresarán 65.306 € o que supón 22.098 € máis que o que recibían co anterior goberno. Nesta comarca, serán 46 clubs incrementarán os seus recursos ata en 52.626 €.
O deporte base vai recibir no Salnés 82.437 € repartidos en 61 clubs, é dicir, 33.561 € máis que o que lles outorgaba o anterior goberno e 51 clubs percibirán ata 76.600 e máis que no 2015. No caso da comarca do Morrazo, 42 clubs se beneficiarán de 47.577 € o que supón 14.365 € máis que con respecto ó ano anterior. Nesta comarca serán 30 os clubs que recibirán máis recursos, 36.633 € máis.
Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ao deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como dinamizador da xuventude. Entre as axudas principais, amais dos 600.000 euros destinados ó deporte base federado, atópanse os 500.000 € destinados a deportes náuticos, os 800.000 que se achegan ós clubs en competicións nacionais e os 490.000 destinados a actividades deportivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56