Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Oitenta participantes na primeira edición de Depo Andaina

Trátase dunha andaina de nivel medio-alto que tivo lugar o pasado domingo, a primeira do novo programa da Deputación que pretende poñer en valor o territorio da nosa provincia.

[Img #26219]

 

Case oitenta persoas participaron esta fin de semana na primeira Depo Andaina da tempada nun roteiro a pé que percorreu a Ruta de Arte Rupestre e Río Meneses en Campo Lameiro. Son case dez quilómetros de percorrido, de nivel medio-alto, de gran valor natural, etnográfico e cultural. Con esta nova iniciativa da Deputación, que vén substituír e mellorar o programa "Sendeiros Rías Baixas", preténdese pór en valor o territorio da nosa provincia, impulsando hábitos de vida saudables e fomentando a preservación do medio natural.

 

O pasado domingo, as persoas que participaron na andaina partiron da Capela de San Antón, onde puideron observar a famosa Pedra do Lagarto e logo percorreron uns dous quilómetros de pistas forestais que os levaron ata os primeiros petróglifos da zona. Cómpre lembrar que Campo Lameiro é unha das grandes capitais en arte rupestre e a súa promoción foi un dos compromisos que a Presidenta, Carmela Silva, adquiriu co alcalde da localidade na súa visita ao concello. Posteriormente, houbo uns tres quilómetros de descenso, pasando polo núcleo de Fragas  ata chegar ao río Lérez, onde se atoparon os primeiros muíños, varios deles restaurados, ademais de poder coñecer a área recreativa de Lodeiro cun frondoso arboredo.

 

A partir do sexto quilómetro, a ruta atravesa treitos estreitos polas beiras do río Meneses, que se chega a cruzar e tamén se poden observar varios muíños e vistoso arboredos. Trátase da parte máis dura da andaina, xa que para chegar ata o Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro, chega a haber pendentes de subida de ata o 14%.

 

Depo Andainas é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra para que todas as persoas interesadas poidan achegarse a pé a distintas rutas de interese pola provincia. Despois desta primeira en Campo Lameiro, as seguintes serán Cíes e sendeiro azul de Nigrán (setembro), Fervenza de Pazos e Mosteiro de Carboeiro de Silleda (setembro) e Ruta de Cons en San Vicente (outubro). Entre as novidades deste programa está a inclusión do Parque Nacional Illas Atlánticas, o incremento dun autobús máis para poder  desprazarse ata o lugar da andaina e a implicación dos concellos podendo organizar visitas turísticas no municipio e promovendo actividades para os participantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.