PROVINCIA
Técnicos do Sergas avanzan na planificación das últimas fases da ampliación do Hospital do Salnés
No encontro desta semana analizáronse os novos equipamentos de aparataxe, material e mobiliario que dotarán o vindeiro outono ao centro arousán de cinco quirófanos e áreas de Cirurxía Maior Ambulatoria e de apoio ao bloque cirúrxico.
![[Img #26220]](upload/img/periodico/img_26220.jpg)
O xerente xe Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, acompañado do xerente executivo do Hospital do Salnés, Bibiano Fernández-Arruti López e outros responsables da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada -EOXI-, mantiveron esta semana en Vilagarcía de Arousa unha xuntanza con técnicos do Servizo Galego de Saúde para avanzar na planificación das últimas fases da ampliación do Hospital arousán.
No encontro de hoxe analizáronse os novos equipamentos de aparataxe, material e mobiliario que dotarán o vindeiro outono ao centro sanitario de Ande-Rubiáns de cinco quirófanos e áreas de Cirurxía Maior Ambulatoria e de apoio ao bloque cirúrxico.
Nova área de Esterilización
Así mesmo, nesta xuntanza estudouse o deseño e distribución de espazos para unha nova área de Esterilización no hospital arousán, que potenciará a súa capacidade asistencial con maior seguridade e eficiencia.
A nova área de Esterilización complementará a ampliación e reforma do Hospital do Salnés que, cofinanciada polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013 cun orzamento de 7.780.149 euros, construiu a infraestrutura que xa abrangue unha superficie asistencial de 4.157 metros cadrados -dos cales 2.700 metros cadrados son do novo edificio executado e 1.400 metros cadrados de reforma- e permite aplicar os avances das novas tecnoloxías sanitarias ao novo bloque cirúrxico, á nova área de Urxencias -xa operativa asistencialmente- e tamén aos futuros bloque obstétrico, unidade de coidados postcirúrxicos e Hospital de Día.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56