Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui presentou á xefa provincial de Costas o proxecto da senda peonil entre Tui e Caldelas

Contemplase súa execución por fase ao ser o seu orzamento total dun millón de euros.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta semana coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, a quen presentou o proxecto para a execución dunha senda peonil entre Tui e Caldelas cun percorrido aproximado de 7 quilómetros. A realización desta vía suporá un investimento de 1 millóns e enmárcase nas actuacións previstas polo goberno municipal de Tui para a posta en valor das beiras do Miño.


Enrique Cabaleiro, valorou positivamente o encontro coa xefa provincial de Costas salientando que sempre é moi receptiva as solicitudes que fan dende o consistorio tudense. Nese senso comprometeuse a estudar a posibilidade de que o seu departamento contribúa a financiar parte desta obra.  Enrique Cabaleiro sinala que dado o importante orzamento do proxecto poderá executarse por fases. Entre as primeiras actuacións previstas está a construción dunha ponte peonil sobre o río Louro, para o que agora mesmo estase a traballar no proxecto de expropiacións. Unha vez se conte cos terreos o Concello recuperará o convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil para o financiamento dos traballos que ascende a 116 mil euros.


Coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, o alcalde tudense tratou tamén o estado de execución da senda peonil entre o Centro Interfederado e a vella Ponte Internacional que está só pendente para o seu remate dunha obra complementaria a executar polo Concello polo que a principios de agosto podería estar operativa. Na mesma investíronse 100 mil euros.


Dende o Concello de Tui, explica Enrique Cabaleiro que "apostan pola mellora de todo o cauce do Miño polo que suman outros proxectos coma a senda de 2 quilómetros dende a vella Ponte Internacional ata o termo municipal de Tomiño. Para iso están xa a falar cos propietarios dos terreos para levar a cabo o desbroce da zona e marcado da senda. Neste caso o proxecto ascende a 300 mil euros. Tamén o concello presentou a fondos europeos o proxecto da senda polo río Tripes dentro do obxectivo global de pór en valor os recursos naturais do municipio para o goce dos veciños e coma polo de atracción turística".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.