Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Os mozos de Mos disfrutan dunhas xornadas Multiactividade en Patos

[Img #26252]

 

A Alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira Julia Loureiro  visitaron os mozos mosenses que disfrutaron durante esta semana dun campus Multiactividade na Praia de Patos.


O campus celebrouse en horario matinal, facilitando os pais a conciliación familiar e proporcionando  a Xuventude alternativas de ocio que favorecen as súas relacions sociais así como o coñecemento do seu entorno próximo.
O campamento resultou todo un éxito, xa que moitos dos rapaces que participaron nas xornadas xa desfrutaron no Nadal da experiencia de inciciarse na practica do surf, un deporte que engancha a todos aqueles que o practican, e que é moi demandado.  Moitos perfeccionaron os seus coñecementos, pero  outros atreveronse a  iniciarse nunha práctica deportiva divertida e saudable.


Non só a diversión viu da man do surf. Os nosos mozos coñeceron a practica doutros deportes acuáticos, como o PadelSurf ou o Kaiak, e realizaron rutas de sendeirismo onde aprenderon máis sobre as especies de flora e fauna que nos rodean, así como actividades de conservación do medio ambiente, facendo fincapé na importancia de manter a nosa natureza limpa e aprendendo o que  tardan en desfacerse  os residuos que as  veces deixamos nas praias e montes.


Os máis pequenos colaboraron  no simulacro do rescate dun Golfiño, da man da Ong de conservación e divulgación do medio mariño Cemma. Unhas experiencias únicas que se  levaron a cabo coa colaboración da Escola de Surf PradoSurf, que facilitou  que os nosos mozos disfrutaran nun entorno incomparable dunhas actividades  participactivas e igualitarias que favorecen o seu desenvolvemento social e persoal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.