GALICIA
A Xunta constitúe o xurado que elixirá entre as 35 propostas admitidas para adaptar o antigo Hospital Xeral como Cidade da Xustiza de Vigo
O xurado está composto por cinco arquitectos, un elixido a proposta do Concello, un polos concursantes e tres polo COAG; e representantes da Xunta en áreas relacionadas coa Xustiza, o Urbanismo ou a Asesoría Xurídica, entre outras.
![[Img #26341]](upload/img/periodico/img_26341.jpg)
A Xunta de Galicia segue a avanzar no proxecto de adaptación do antigo Hospital Xeral como Cidade da Xustiza coa constitución formal, esta mañá na sede do Colexio Oficial de Arquitectos en Vigo, do xurado que analizará os anteproxectos admitidos para levar a cabo esta obra.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu ao acto de constitución do xurado, que será o órgano responsable de avaliar e clasificar as propostas presentadas a fin de determinar aquela que estime máis adecuada aos fins obxecto de licitación de acordo cos criterios de avaliación. Unha emitido o seu fallo, será elevarado ao órgano de contratación para a súa aprobación e resolución. A previsión é que se poida facer pública a resolución do concurso a finais de setembro.
Forman parte do xurado cinco arquitectos como vogais, un elixido a proposta do Concello, un polos concursantes e tres polo COAG; e representantes da Xunta en áreas relacionadas coa Xustiza, o Urbanismo ou a Asesoría Xurídica, entre outras.
A previsión é que se poida facer pública a resolución do concurso a finais de setembro
Os concursantes levaron a cabo a súa votación para elixir un arquitecto representante, que finalmente resultou ser Carlos Quintans Eiras. Por parte do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia os designados son Antonio Maroño, María Concepción Cameselle e Pablo Menéndez. Pola súa banda, o Concello de Vigo designou de María Luisa Sobrino.
En total, foron recibidos 38 anteproxectos durante o período de recepción de ofertas, pero foron excluídos tres por non cumprir os requisitos da convocatoria publicada, polo que finalmente son 35 os anteproxectos admitidos a concurso.
Tras a sesión constitutiva, o xurado entregará á Comisión Técnica os anteproxectos, para proceder á súa valoración técnica e á elaboración do correspondente informe, que será sometido a votación para a súa aceptación polo xurado. Cómpre salientar que a comisión técnica está formada polos cinco arquitectos do xurado e o xefe de servizo de Obras e Proxectos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O Goberno galego aposta polo concurso de ideas, dadas as particulares actuacións técnicas que implican a adaptación deste edificio para adaptalo a un novo uso, xa que este tipo de procedemento permite obter un maior número de propostas para unha avaliación máis completa das posibles solucións, estimulando a creatividade e dando a posibilidade ao sector de participar na idea, polo que para o desenvolvemento do concurso de ideas estase a contar coa asistencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a través da súa Delegación en Vigo, para a redacción do anteproxecto de adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.
O obxecto deste concurso é seleccionar a idea que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de adaptación.
Grazas a esta actuación, e sempre atendendo a criterios de eficacia, eficiencia e calidade na xestión dos recursos públicos, concentrarase nun único edificio toda a actividade xudicial da cidade, ao dispor dunha superficie de máis de 36.000 m2, que permitirá albergar as unidades xudiciais ubicadas nos dous edificios da Rúa Lalín actualmente en funcionamento, así como as previstas nun novo edificio xudicial xa proxectado para a cidade de Vigo.
O Goberno galego aposta polo concurso de ideas posto que permite obter maior número de propostas para unha avaliación máis completa das posibles solucións
Para a execución das obras estímase un orzamento de 25 millóns de euros, cunha posible variación do 10 por cento, isto é, entre 22,5 e 27,5 millóns de euros.
Haberá tres premios, de 70.000, 40.000 e 30.000 euros, respectivamente; e tres accésits de 15.000 euros, o primeiro, e 11.000 o segundo e o terceiro. Ao gañador do primeiro premio encargaráselle a redacción do proxecto básico e de execución e a dirección de obra.
Criterios de valoración
Os criterios de valoración serán os seguintes: avaliación arquitectónica, calidade compositiva, formal e de deseño (25 puntos); avaliación técnica, económica e funcional do proxecto (20 puntos); axuste da proposta ás especificidades e necesidades marcados no prego (15 puntos); incidencia no deseño en canto ao mantemento posterior do edificio (10 puntos); grado do desenvolvemento do proxecto (10 puntos); e sustentabilidade económica, eficiencia enerxética e medioambiental (10 puntos).
Comité de Seguimento
O Comité de Seguimento constituirase no prazo máximo dunha semana dende a emisión do fallo do Xurado e deberá manter xuntanzas periódicas, coa finalidade de que exista un fluxo constante de información entre o equipo redactor e os colectivos afectados, podendo estes aportar suxestións para o satisfactorio resultado do proxecto para todos os axentes implicados.
Este comité estará presidido polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tamén serán membros deste Comité o alcalde de Vigo, o xuíz decano e o fiscal xefe de área de Vigo, o delegado territorial da Xunta en Vigo, os decanos dos Colexios de Avogados e de Procuradores de Vigo, o secretario coordinador de Pontevedra e o presidente da Xunta de Persoal da Administración de Xustiza de Vigo e o completarán un arquitecto proposto polo concello de Vigo, outro a proposta do COAG, o gañador do primeiro premio do concurso de ideas -que será o redactor do proxecto e director de obra- e o xefe de servizo de Obras e Proxectos da Vicepresidencia, que actuará como secretario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136