Provincia
Carmela Silva celebra o seu primerio ano de “novos tempos” fronte da Deputación
Este mes de xullo a presidenta da institución provincial celebrou o seu primeiro ano á fronte do goberno “rendendo contas ante todas e todos”.
![[Img #26258]](upload/img/periodico/img_26258.jpg)
Para Silva “render contas” foi o primeiro compromiso que adquiriu cando tomou posesión dos seus cargos o 17 de xullo de 2015, cando salientaba que “a transparencia sería total e absoluta” e que “abriríamos xanelas e portas ás cidadás e cidadáns da provincia. O compromiso de que vós seriades os protagonistas da nosa acción política”.
As súas primeiras palabras como presidenta da Deputación foron tamén para manifestar “o compromiso cun modo de facer política, centrado en construír unha sociedade xusta e decente, onde ninguén, viva onde viva ou teña o que teña, padeza dificultades. O compromiso de que íamos dar un cambio radical a un modo de facer política baseado no clientelismo, no caciquismo e na discrecionalidade”.
Asi –dixo- “comezamos a lexislatura entendendo que a Deputación, podía e debía ser, un espazo para proxectar e desenvolver unha relación directa, de diálogo, entre decisións e necesidades. Un espazo desde onde se tomen decisións concertadas cos concellos e coa sociedade. Un espazo onde se xeren lugares comúns de traballo para planificar estratexias de desenvolvemento e calidade de vida”.
“Estamos cumprindo. Os programas e plans debátense cós interesados: programas sociais, de emprego, de actividades deportivas, de xuventude, de igualdade, de tratamento de residuos, de cultura, de infraestruturas, de turismo, de innovación,….” explicou durante a súa intervención, engadindo que “fai un ano manifestamos tamén o noso compromiso por un goberno dende a participación, contando con todas e con todos, alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, sen pedir carnés nin afiliacións políticas. Temos un obxectivo claro: non facer política para os pobos e as cidades, senón coas cidades e cos pobos”.
E así xerouse “e desenvólvese o Plan Concellos, con flexibilidade para as necesidades dos concellos, con responsabilidades compartidas, con libre selección de prioridades, con igualdade e con criterios claros e obxectivos”.
“Prometemos abrir as portas desta institución e fixémolo. Saímos ós concellos, ás rúas, a falar coa xente, que é onde teñen que estar as políticas e os políticos, oíndo os problemas de xeito directo” dixo Silva.
“A política de despacho redúcese ao mínimo imprescindible. Os deputados/as, o Vicepresidente, a Presidenta, van ós concellos e escoitan os seus problemas, debaten as súas propostas. Hai concellos onde a Presidencia da Deputación nunca fora. Agora estamos visitando e coñecendo todos os concellos da provincia, unha, dúas e as veces que sexa necesario”.
A presidenta tamén suliñou que “cumprimos có grande obxectivo de poñer ás persoas no centro das nosas políticas. Cremos, defendemos o municipalismo e a importancia da vida local e por iso a relación da Deputación de Pontevedra cos concellos é unha relación de igual a igual”.
“Respectamos e aplicamos o principio de horizontalidade fronte ó de superior xerárquico que se impoñía nesta Deputación. Temos un novo Regulamento de funcionamento que garante a transparencia e a supervisión das actuacións. Estamos a normalizar os procedementos desta administración que era arcaica e dependía da decisión unilateral do anterior Presidente, porque as Institucións no son as casas propiedades dos Presidentes, son un espazo de servizo á cidadanía” aseguraba.
“Moitos anos doutra visión para cambiar en 12 meses, pero estamos a facelo, día a día coa axuda de todas e todos e o compromiso de moitas e moitos. Porque xa o comprometemos fai un ano: queremos unha Administración limpa onde haxa transparencia sobre todas as actuacións que desenvolvamos. A nosa xestión réxese pola transparencia, a responsabilidade, a honestidade”.
A presidenta destacou que os cidadáns “reclaman políticos que fagan un bo uso dos recursos públicos, medimos os recursos e obxectivos para sentar prioridades. Non damos esmolas. Aprobamos axudas ás que teñen dereito os concellos e a cidadanía, con regras claras e compromisos mutuos” ademáis dixo que “vamos avanzando no camiño de coñecer onde están as apostas e as oportunidades … Cumprimos coas demandas dos problemas máis urxentes das familias: os servizos sociais, o emprego, a xuventude, o noso compromiso coas mulleres que demandan a igualdade; que ninguén careza da atención dos servizos públicos: sanidade, educación, dependencia, teleasistencia. Estamos gobernando para todas e todos, pero máis para os que máis o necesitan”.
“Coñecemos as nosas responsabilidades e estamos a desenvolver un plan de residuos baseados na compostaxe, porque é posible facer un tratamento respectuoso co medio ambiente e aforrar custes”.
Asegurou que “herdamos unha provincia con serias carencias con respecto ás infraestruturas: 35 anos actuando segundo intereses partidarios e conxunturais e cunha organización ineficiente dos recursos que nós estamos asignando a delimitar prioridades e a deseñar plans que en moi pouco tempo terán resultados moi visibles”.
“Queremos unha provincia moderna, activa, que se converta en exemplo de bo quefacer político, que se fale de nós como un territorio de prosperidade. Intentamos transmitir ese mensaxe nas políticas de emprendedores, pemes, apoio as empresas, acompañalas no seu posicionamento en Galicia e fóra. Formando no mundo laboral á xuventude e dispoñendo espazos para o seu desenvolvemento. En definitiva, sentamos as bases para un modelo de sociedade igualitario, de progreso económico e social”.
Neste primeiro ano de gobernó destacou no ámbito da economía e a contratación que “temos impulsado un novo modelo interno nos procedementos administrativos baseado na legalidade, na transparencia e na seguridade xurídica”.
No que se refire á área de cooperación subliñaba “ o noso programa estrela, o Plan Concellos 2016, dotado con 40 millóns de euros iniciais e 7,5 de remanentes. Estes 47,5 millóns representan o 31,5% do orzamento total da Deputación, un claro exemplo dunha nova Deputación que recoñece o municipalismo e garante os mesmos dereitos para todos os concellos: agora todos os concellos son de primeira e reciben recursos con reparto equitativo”.
Os concellos teñen dedicado estas achegas á compra de material, vehículos, maquinaria, saneamento, abastecemento, infraestruturas de todo tipo; a facer fronte ás súas obrigas de amortización, pago de débedas e gasto corrente; a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e á prestación de servizos e garantía de dereitos a través da liña 4, que permitiu crear 1.550 postos de traballo en 60 concellos.
Nesta mesma liña de apoio directo ós concellos, dixo que “existe por primeira vez unha liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva sen ningún tipo de xuros cun orzamento de 1,5 millóns de euros, medio millón máis que en 2015”.
“Amais, a través da área de cooperación xestionamos fondos europeos. Neste contexto, temos concedidos proxectos como o Practicum Depo 2016 cun orzamento de 800.000 € no que participan ducias de estudantes de ciclos medios de formación profesional co obxectivo de que poidan realizar prácticas en empresas no estranxeiro durante 196 días e que facilitarán a inserción laboral e o coñecemento doutros países, linguas e culturas. Tamén estamos a desenvolver o programa europeo Depo Emprende que persigue o fomento do emprendemento xuvenil” explicou.
Silva aseguro que “os fondos ós que nos presentamos están solicitados a partir dunha análise rigorosa das potencialidades da nosa provincia. Neste liña temos presentado o programa Hydrotermas que persegue a valorización e desenvolvemento dos produtos turísticos termais en colaboración co Norte de Portugal. Tamén o impulso do Camiño Portugués de novo en colaboración co noso país veciño. Ademais dos proxectos Visit Río Miño e o Smart Miño, unha aposta dos concellos transfronteirizos que se sitúan a ambos lados deste gran río que permitirá que este extraordinario espazo se converta nun territorio de oportunidades”.
A presidenta engadía que “creemos na nosa economía, na nosa industria e, por eso, estamos optando a fondos Feder co proxecto CIME, que persegue a cooperación intelixente para favorecer a competitividade da industria metalúrxica da Eurorrexión, así como o proxecto ESTRAEE, que persegue unha xestión axeitada dos residuos de aparellos electrónicos ou o proxecto AUGA 3.0 para a implantación dun sistema smart water para a xestión intelixente, sostible e predictiva da auga de consumo humano. E por último, o proxecto VIGOINNOVA INTELLIGENT NAVAL 4.0 co que pretendemos a adaptación do modelo de industria 4.0 ó sector da construción naval”.
Tamén dixo que “somos un goberno cunha grande sensibilidade cidadá e a nosa maior preocupación é o emprego que é, sen dúbida, tamén a maior preocupación das nosas veciñas e veciñas. Por elo investimos máis de 15 millóns de euros este ano para crear 3.327 postos de traballo e prácticas laborais, é dicir, destinamos un 20,5% máis de recursos ás políticas de emprego”.
Silva destacou a transparencia total e absoluta e apertura de portas ás cidadás e cidadáns da provincia
Nesta mesma liña de atención á creación de riqueza e emprego destacaba que “puxemos en marcha os viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín e o impulso dos espazos coworking en colaboración coa Escola de Organización Industrial. Tamén cabe destacar o proxecto Smartpeme, da área de novas tecnoloxías, que é un referente no asesoramento ás pemes, autónomos e emprendedores no ámbito das TICs.”
O apoio ós sectores económicos se ve tamén reflectido na área de turismo “no que temos feito un xiro de 180 grados baseado na modernidade, a vangarda, a innovación e a procura de máis e mellores retornos. Quero destacar algunha das accións máis destacadas: a nosa presenza en Fitur, o proxecto 62 razóns para visitar Rías Baixas organizado en Espazo Atlántico en Madrid, a promoción das Rías Baixas no Festival de Cinema de Málaga, a campaña “Festivais Rías Baixas” ou o proxecto Atlantic Express co que levamos o noso destino ata Oporto”.
Nesta mesma liña de apoio ós nosos sectores económicos quero destacaba “a nosa aposta polo sector pesqueiro e agrogandeiro que se reflicten nas subvencións dirixidas ás confrarías de pescadores e pescadoras, por primeira vez ás agrupacións de maricadoras e mariscadores, e as subvencións ás asociacións e cooperativas agrogandeiras, cunha achega de 400.000 €”.
Silva tamén amosou a súa satisfacción “por outro dos nosos grandes proxectos: o Plan Compost Revitaliza que significa un cambio de modelo no tratamento de residuos, un novo e alternativo sistema de tratamento do lixo, máis económico e ecolóxico: a compostaxe”.
“A nosa provincia é o primeiro lugar do estado, e incluso de Europa, no que se imparte unha formación regrada e recoñecida por unha universidade para crear a figura do/a mestre/a composteiro/a. Esta tamén é unha aposta polo medio ambiente ligada, ademais, á investigación que tamén é moi visible na tarefa que desenvolvemos en Areeiro e Mouriscade”.
A presidenta tamén falou dun “servizo básico como é o deporte, que temos reforzado, mellorado e democratizado. Incrementamos o orzamento nun 9,2%, as subvencións se realizan con criterios claros, obxectivos e transparentes, rachando co clientelismo e a discrecionalidade anterior e respectando os dereitos de toda a cidadanía”.
Para finalizar con este repaso das actuacións realizadas quixo falar das “políticas transformadoras da sociedade. Desas políticas que inciden directamente na vida das persoas, que perseguen a igualdade”. “Comezar por unha aposta prioritaria deste goberno: a igualdade entre mulleres e homes. Por primeira vez créase un servizo de igualdade que pretende que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde e contribúa á loita convencida contra as violencias machistas”.
“A través do novo servizo de igualdade temos creado a Escola de Igualdade María Vinyals, desenvolvido o programa Conectadas 2016, aprobada subvencións para entidades de iniciativa social e para os concellos. Levamos desde novembro do 2015 espallando o proxecto Mulleres en acción, violencia zero e o proxecto Cinema e Muller por toda a provincia” dixo Silva.
“Ademais do control e seguimento do servizo telefónico de atención e protección ás vítimas de violencia de xénero nos concellos de menos de 20.000 habitantes ou a firma do protocolo contra o acoso e a detección de violencia de xénero no ámbito da administración local”.
A presidenta tamén quixo destacar “outra das políticas que melloran e transforman as sociedades son as políticas sociais, moito máis en época de crise. Por iso medramos os orzamentos nun 11% e fixemos que todos os nosos programas conten con prazas gratuítas para as persoas menos favorecidas. E se falamos de transformar a sociedade, falamos de futuro e, obrigatoriamente, de xuventude que, por vez primeira, son protagonistas da acción política da Deputación de Pontevedra”.
“Parece incrible pero é a primeira vez que existe un área especializada e independente dirixida ás nosas mozas e ós nosos mozos. Neste ano xa puxemos en marcha un número moi importante de programas destinados ás máis novas e ós máis novos: O programa Depo Rúarte; Cursos de inglés para a xuventude; Programas de emprego e prácticas laborais e formativas; A elaboración dunha nova plataforma web; Rutas específicas para rapaces e rapazas dentro do programa “En ruta coa depo” e o programa “Tecendo lazos” que pretende ser un espazo de encontro interxeracional entre a mocidade e os nosos maiores.
Para Silva “a xestión durante este primeiro ano de goberno ten sido dun enorme impulso, dun grande avance, de cambios radicais, de novas políticas, de boas prácticas, de innovación, de modernidade, cun modelo radicalmente distinto ó anterior e de cumprimento do noso acordo de gobernó”.
“Somos un goberno único conformado por dúas forzas políticas que se respectan, traballan conxuntamente e cumpren cos seus acordos” dixo engadindo que “somos un goberno que sabe que o seu traballo está ligado ós concellos e ó seu desenvolvemento, que os apoia a todos, máis ós de menos de 20.000 habitantes, pero que non esquece que temos dúas importantes cidades que son impulso da economía e o progreso: Vigo e Pontevedra, coas que temos asinado convenios para proxectos que faciliten que segan avanzando e con eles o conxunto da provincia”.
Carmela Silva remataba falando de “novos tempos precisan de novas formas, de novos modos. O goberno do cambio e máis próximo, máis sensible e está atento ós problemas e demandas da poboación desta provincia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101