Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Éxito do III Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco

[Img #26267]

 

Do 11 ao 15 de xullo desenvolveuse  o III Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga.  

 

Os 70 rapaces participantes (con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos) recibiron a equipación composta por calcetíns, pantalón e camiseta.

 

A metodoloxía que utilizaron os monitores da Fundación Celta de Vigo neste Campus basouse no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e competición. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no Campus foron pasando polas catro diferentes áreas de traballo.

 

Esta metodoloxía é a mesma que se emprega nas categorías inferiores do Real Club Celta. Ademais a formación especializada deste campus está impartida por adestradores da canteira do Real Club Celta de Vigo.

 

Os obxectivos deste Campus eran, segundo explicaba Nidia Arévalo, rexedora local mosense, “facilitar ós pais e nais mosenses a concienciación da vida familiar e laboral unha vez iniciadas as vacacións estivais dos máis pequenos, fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.