Galicia
Activada alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño
No resto da nosa comunidade haberá alerta amarela durante toda a tarde
![[Img #26271]](upload/img/periodico/img_26271.jpg)
A Xunta activa a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do Miño en Ourense.Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse os 39 graos na tarde de hoxe.
Acadarase nivel de alerta amarelo no interior e suroeste da provincia da Coruña:, na zona das Rías Baixas e do Miño na provincia de Pontevedra con 36ºC; no sur de Lugo con 34ºC; e no sur e zona de Valdeorras na provincia de Ourense con 37ºC.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.
Consellos e recomendacións
Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións:
- Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
- Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle.
- Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
- Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza.
- Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
- Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas.
- Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136