Lunes, 26 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Nigrán

Nigrán dará conta no pleno de finais de xullo do seu saldo remanente

[Img #26273]

 

O goberno de Nigrán levará ao Pleno ordinario do 28 de xullo o estado das arcas municipáis, que presentan un remanente de tesourería en 2015 de 4.478.198,82 euros, e explicará á corporación os investimentos que se pretenden realizar con dous millóns de euros procedentes deste saldo positivo (o goberno de España permite aos concellos que teñan superávit ou remanente positivo destinar o seu excedente orzamentario non só a amortizar a débeda, senon  a actuacións sostibles). Estas cifras actuáis que serán expostas no Pleno fan posible que o Concello manteña un periodo medio de pago a proveedores de 6,4 días. “Foi o goberno socialista quen iniciou en 2008 un durísimo plan de axuste que agora ve os seus mellores froitos permitindo levar adiante moitos dos proxectos pendentes cos veciños que mellorarán a súa calidade de vida”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen suliña “o novo xeito de gobernar introducido polos socialistas no Concello en 2007 e que dende entón se mantivo así deixando atrás o malgaste de épocas pasadas”. Estas cifras positivas, engade, “permiten que o Concello teña total credibilidade e fiabilidade entre os veciños e proveedores”.

   

Nesta liña, González considera que se debe repercutir o beneficio na cidadanía con actuacións básicas que veñen sendo reclamadas dende hai anos. Así, entre os principáis investimentos que proporá o goberno se atopan 553.216,85 euros para o abastecemento de auga a Parada que a Xunta unilateralmente paralizou cando os socialista gañaron as eleccións municipáis. “Ímos a facer o que a Xunta nos negou de sópeto cando chegamos ao Concello. Os veciños non poden ser os prexudicados das decisión políticas que se tomen dende o goberno autonómico”, considera González. Nesta mesma liña de levar o abastecemento ás parroquias se propoñen 38.478,45 € para dotar do mesmo dende a rúa dos Pazos ata a rúa San Roque de Camos, obra que unida aos 375.000 euros que investirá Aqualia en outubro significará un paso moi grande para levar o auga á boa parte da parroquia.

           

O capítulo de humanizacións e urbanizacións ten o eixo central na rúa Mariñeiro de Panxón, con 282.351,14 € destinados á humanización e cambio de servizos de abastecemento e saneamento. A Praza da Feira, na confluencia entre Damas Apostólicas e Camiño da Cabreira (A Ramallosa) recibirá 74.427,37 euros para mellorala e facer dela un verdadeiro punto de encontro entre os veciños que fomente tamén o comercio e restauración. Finalmente, a rúa do Caranquexo recibiría un remanente de 38.379,95 € para reordenar este espazo especialmente degradado ao seu remate na Praia de Prado.

 

A remodelación integral do pavillón de deportes de Panxón unirase ás novas instalacións deportivas que o goberno local construirá e Porto do Molle. O proxecto do pavillón, de 510.947 €,  permitirá que se convirta nun espazo moderno para practicar o deporte, totalmente accesible, con eficiencia enerxética e con todas as medidas de seguridade e modernidade.

 

Outro dos investimentos do remanente será no eido do Medio Ambiente, cunnha partida de 54.450 € para a retirada, transporte, xestión e selado integral do vertedoiro de lixo ilegal no entorno do río Muíños, a carón da depuradora de augas residuais, pechando así una parte da historia máis desafortunada na xestión de residuos deste Concello ou a actuación de mellora nos colectores de A Rmallosa.

 

“Trátanse polo tanto de proxectos e investimentos en abastecemento de auga, humanizacións e urbanizacións, instalacións deportivas, xestión de residuos e coidado do medio ambiente que, sen lugar a dúbidas, mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños, único e primordial obxectivo deste goberno de Nigrán”, conclúe o alcalde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.