Salceda de Caselas
O tecido empresarial de Salceda esixe cobrar as súas facturas
![[Img #26285]](upload/img/periodico/img_26285.jpg)
Máis de 50 proveedores do Concello veñen de manter unha xuntanza co Equipo de Goberno do Concello de Salceda na que acordaron esixir o cobro das cantidades adeudadas.
Segundo se informa nunha nota de prensa remitida dende o Concello de Salceda “os/as autónomos/as e empresarios/as esíxenlle aos grupos da oposición que non os empreguen como excusa nas súas liortas políticas, e que permitan que os proveedores poidan cobrar polos traballos correctamente realizados para o Concello, así como polos suministros ofrecidos, e que poidan facelo todos en igualdade de condicións e no mesmo momento. Afirman ser os perxudicados polo afán dos grupos da oposición de bloquear o Goberno de Movemento Salceda, o cal resulta de todo inadmisible”.
Os afectados presentaron un comunicado no Rexistro Xeral do Concello dirixido aos grupos de PP e PSOE, co seguinte contido:
“Os asinantes, que figuran nas follas que se achegan con este escrito, acreedores pola prestación de servizos, obras e subministros ao Concello de Salceda de Caselas, enterados da postura dos grupos municipais do PSdG-PSOE e do PP, contrarios á aprobación do acordo do Recoñecemento Extraxudicial de crédito que permita o pagamento das súas facturas.
Solicitan aos Concelleiros/as dos devanditos grupos municipais que reconsideren a súa postura, exclúan do debate político a atención que merecen aos empresarios que conforman o tecido económico deste Concello, e voten a favor ou, cando menos, se absteñan na seguinte sesión plenaria na que se trate o asunto.
En caso contrario tomaremos as medidas xudiciais e de toda índole que procedan, inclusive aquelas que entendamos oportunas dirixidas individualmente contra os concelleiros/as que de forma improcedente están a impedir o pagamento das cantidades que se adebedan aos proveedores”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149