Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 24 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta investirá 71.313 euros para obras menores nos xulgados de Vilagarcía, Ponteareas, Pontevedra, Caldas, Lalín e A Estrada

Segundo apuntou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, levaranse a cabo traballos como reparacións de carcomas, mellora de escaleiras, retirada de góndolas e domos e habilitación de arquivos.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, avanzou esta mañá que a Xefatura Territorial de Presidencia levará a cabo diversos investimentos en obras menores nos xulgados de Ponteareas, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Lalín e A Estrada.

 

As obras contarán un orzamento global de 71.313,77 euros e 18 actuacións. “Para o goberno galego é fundamental dispor de infraestruturas xudiciais de calidade, acordes coas necesidades dos profesionais do sector e que permitan dar un axeitado servizo á cidadanía”, explicou o delegado territorial. “Esta é a razón pola que a Xunta está a executar diversas obras nos xulgados da provincia, en este caso, traballos menores de mantemento e reparación, que se levarán a cabo durante as próximas semanas e que permitirán manter estas ediciacións en óptimas condicións de utilización”.

 

Tal e como explicou José Manuel Cores Tourís, a Xunta aprobou en agosto de 2009 un ambicioso plan de Infraestruturas xudiciais co fin de dotar de sedes físicas axeitadas á administración da Xustiza na Comunidade Autónoma cun orzamento de máis de 70 millóns de euros que inclúe o novo edificio xudicial de Pontevedra. “Ademais, a maiores, anualmente lévanse a cabo numerosas actuacións de menor contía, o que se coñece como obras menores, que son necesarias para manter a calidade das edificacións que albergan as sedes xudiciais”.

 

No caso da provincia de Pontevedra, as obras se acaban de poñer en marcha nalgúns casos o comezarán nos próximos días noutros, e teñen como obxectivo executar reparacións de carunchos, mellora de escaleiras, retirada de góndolas e domos e habilitación de arquivos, entre outros.

 

Deste xeito, na cidade do Lérez levarase a cabo a división dun despacho para psicólogos e outro para Fiscalía no edificio de A Parda. No caso de Caldas de Reis, repararase o caruncho dun despacho, e en Ponteareas cambiarase o portalón do garaxe e instalarase nova ventilación. En Vilagarcía habilitarase un arquivo nunha antiga zona de garaxe e en Lalín mellorarase a acústica da sala de vistas con falso teito. Finalmente, na Estrada instalarase climatización nos despachos do Xulgado número 1 e suplementarase a varanda das escaleiras principais cun tubo inox.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.