Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 31 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán contrata os traballos de prospección arqueolóxica de todo o municipio

O estudo foi adxudicado por 9.680 € a empresa santiaguesa 'Desenrolo e Obras de Arqueoloxía S.C.' e permitirá dispor en dous meses dunha completa radiografía de todo o patrimonio nigranés.

O Concello de Nigrán ven de contratar a empresa con sede en Santiago 'Desenrolo e Obras de Arqueoloxía S.C.' o estudo de prospección arqueolóxica de todo o municipio por valor de 9.680 euros. Trátase dun paso  imprescindible de cara a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permitirá dispor en dous meses dun completo estudo científico do estado, descrición e ubicación de tódolos bens culturais.  O Concello cumple así coas indicacións remitidas dende a propia Dirección Xeral do Patrimonio, que acerca da aprobación inicial do PXOM emitiu un informe no que manifestaba a necesidade deste estudo para "revisar e actualizar" tódolos bens que teñen documentados.

 

"É un paso importante dende o punto de vista de avance no PXOM pero, sobre todo, significa  dispor por primeira vez dun completo estudo da nosa riqueza patrimonial que permitirá coñecer máis e mellor todos os nosos recursos, protexelos do vandalismo ou espolio e por en marcha un plan de actuación ao respecto", destaca o alcalde de Nigrán, Juan González.

 

 

 

 

"Significa  dispor por primeira vez dun completo estudo da nosa riqueza patrimonial que permitirá coñecer máis e mellor todos os nosos recursos e protexelos do vandalismo ou espolio",indica o alcalde, Juan González

 

 

 

 

Os traballos contratados supoñen unha primeira fase informativa de exploración e recoñecemento de tódolos elementos terrestres ou subacuáticos recollidos nas bases de datos da Dirección Xeral de Patrimonio (preto de 200), da empresa redactora do PXOM e os aportados pola asociación Chandebrito 1087  para informar do seu estado, ubicación, descrición... Estes datos completaránse con calquera outra información, indicio ou referencia que poida existir e se incluirá a toponimia, fotografías aéreas ou cartografías. Todo elo será reflectido nunha cartografía específica que servirá de base para o traballo de campo, que constitúe a segunda fase, na que se procederá a observación sistemática (non de extracción) e que pode incluir dende delimitación dos xacementos cunha descrición completa a comprobación de topónimos ou referencias e rexistro de novos elementos que si resultan de especial singularidade sí se procederán a recoller. Finalmente, a partir dos datos obtidos confeccionarase unha base de datos e situaranse sobre a base cartográfica empregada no PXOM  todos aqueles elementos que teñan a entidade mínima para estar integrados no Catálogo. Ademáis, proporánse graos e normativas de protección naqueles que se sumen a ese documento. Todo elo se recollerá en fichas independentes para conformar o catálogo de bens do PXOM, que actualmente conta con 107 elementos, moitos eles de recente descobremento e por tanto non incorporados (entre eles oito petroglifos, como o das Chans do Outeiro grande, Lapela ou dos Lagos).

 

Os Bens de Interese Cultural que se atopan declarados como tal no municipio son os restos da igrexa visigótica de Panxón, o Pazo de Cea, o Pazo de Cadaval-Urzáiz e todos aqueles considerados BIC (horreos, escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza ou cruces de termo). Ademáis, o petroglifo Outeiro das Campanas ten a declaración específica de Monumento Histórico-Artístico. "O Catálogo actual da DXP resulta moi insuficiente e contén moitos erros de localización, o propio organismo suliña que ten constancia de que moitos dos hórreos ou muíños non están incluídos , de que algúns están mal localizados ou de que non aparece o Camiño portugués. É unha oportunidade única para actualizalo e incorporar tódolos elementos de interese", sinala o rexidor.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.