GALICIA
A Policía Autonómica investiga aos presuntos autores de catro incendios forestais nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña
O incendio de Marín afectou a unha superficie arborada de 10.000 metros cadrados.
Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento de catro incendios forestais producidos no último mes, nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña.
No caso de Pontevedra, a Policía Autonómica, informou da investigación do presunto autor do incendio forestal, que tivo lugar o pasado 22 de xullo no Monte Penizas - Currás, concello de Marín, afectando a unha superficie arborada de 10.000 metros cadrados.
En Ourense, os investigados non tomaron as medidas de prevención necesarias, xa que o índice de risco de lume estaba catalogado como extremo na provincia
O lume produciuse por unha imprudencia do investigado e na súa extinción foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta. Os feitos foron remitidos ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de Garda, de Marín.
Doutra banda, axentes da sede de Ourense informaron da investigación de dous presuntos autores de dous incendios forestais na provincia. O primeiro dos lumes tivo lugar o pasado 13 de xullo, na parroquia de Bieite, concello de Leiro, e afectou a unha superficie rasa de 200 metros cadrados. O segundo produciuse o 19 de xullo na parroquia de Prexigueiro, no concello de Pereiro de Aguiar, e afectou a unha superficie de 700 metros cadrados.
Ambos investigados estaban a realizar traballos agrícolas sen tomar as medidas de prevención necesarias, unha imprudencia moi grave se temos en conta que debido ás condicións atmosféricas dos últimos días, o índice de risco de lume estaba catalogado como extremo na provincia de Ourense.
Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas, no primeiro caso, ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia, e no segundo, foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de Garda, de Ourense.
Incendio en Val do Dubra
Por último, a Policía Autonómica de Santiago esclareceu outro incendio causado por un accidente de tráfico ocorrido no concello do Val do Dubra o pasado 19 de xullo e que afectou a unha superficie de 2.000 metros cadrados de superficie arborada. Polos feitos deuse conta ao Xulgado de Instrucións, en funcións de Garda, de Ordes.
No que levamos de ano os axentes autonómicos investigaron a un total de 35 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
Na actual campaña antiincendios forestais do 2016, un total de 35 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136