Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 01 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Revenidas16 O Festival das Línguas

Máis de 23 concertos, a maioría de pago, con destacadas bandas como o rapeiro máis importante do Brasil Gabriel o Pensador, a mellor banda europea de gipsy Fanfare Ciôcarlia, a banda máis destacada do actual ska italiano Talco, os sorprendentes sons de polka and roll de Russkaja e La Raíz, lenda contemporánea do rock estatal. En Vilaxoán no concello de Vilagarcía de Arousa o terceiro fin de semana de agosto, do venres 19 ó domingo 21.

[Img #26481]

 

O Festival Revenidas é un dos festivais referencia das Rías Baixas. No Porto mariñeiro de Vilaxoán, ó carón da Praia do Preguntoiro con Bandeira Azul, celébrase a edición máis ambiciosa dos trece anos de Revenidas. Dous escenarios de música no recinto pechado para concertos de pago, con zonas camping e 35 actividades para todos os públicos no Parque.

 

23 concertos no recinto de pago con bandas procedentes de Galiza, Asturies, Madrid, València, Cataluña, Euskadi, Navarra, Brasil, Austria, Rusia, Romania ou Italia. Unha combinación de sotaques e estilos musicais como o gipsy brass, balkan, groove, ska, punk, rock, funk, garage, rap, hip hop, dance hall, reggae, dub, polka, cumbia, latina, pop, fusión, folk ou electrónica. Pero tamén actividades de balde para todos os públicos como a Feira Revenida con produtos culturais, e os epesctáculos para a famlia na Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas e no Xoubiñas Festi. E por suposto a Gran Sardiñada Popular Revenidas.

 

Música, gastronomía, amizade, experiencias de festa

Revenidas16 contará con dous concertos moi especiais de músicos con vinte anos de experiencia. É o caso do rapeiro máis imporante do Brasil Gabriel o Pensador, dúas décadas de éxitos e un novo traballo Fé na luta, inspirado nas revoltas sociais do país e do contexto internacional. As persoas presentes en Vilaxoán celebrarán tamén o décimo aniversario do descobremento da Fanfare Ciôcarlia, nunha pequena vilá romaní. Dende percorren o Mundo co súas interpretacións únicas e vibrantes de auténtico e xenuíno son balcánico ou gipsy brass.

 

 

[Img #26482]

 

 

Por primeira vez en Vilaxoán, unha das bandas con metais máis importantes de Europa Central, Russkaja liderada polo ruso Georgi Makazaria e formado por membros austríacos e rusos, co seu potente directo coa presentación do seu úlimo disco “Love & Russian Roll”. As miles de persoas asistentes bailarán a mestura rock, ska, folk e punk de Talco, unha das bandas italianas máis internacionais da actualidade. Dende Valencia, o directo da historia recente do rock estatal con La Raíz. E no Festival das Línguas tamén poderase escoitar o sotaque catalán con ZOO, Itaca Band e Aspencat, que con máis de 500 concertos ás costas continúan explorando novos territorios entre o reggae, dancehall e o dupstep. La Kimbala, grupo de fusión con colaboracións con Manu Chau, ou Juantxo Skalari & La Rude Band e dende Gijón o premiado DJ Pimp.

 

Música en galego e actividades para familias

Galiza estará presente nos escenarios de Vilaxoán a través dos ritmos electrizantes de Familia Caamagno que presentarán o seu novo traballo Para unha vez que saímos. Tamén presentarán traballo Malandrómeda, a electrónica galega referente. A aposta de Revenidas pola música feita en galego e de calidade virá ademais con Cuchufellos, O Sonoro Maxín, Os tres trebóns, Falperrys, Brinkadelia Troupe, Poetarras, Dj Crebinsky ou dos recentes gañadores do III Concurso Revendias de Música Emerxente, o rap coruñés de Ezetaerre, os composteláns deLombaos e o rock vigués de Os Vacalouras.

 

Miles de persoas converterán a Vilaxoán e a Vilagarcía de Arousa no epicentro da música e da festa do verán galego. Gastronomía con food trucks, e coa gran Sardiñada Popular Revenidas que concentrará nas longas mesas do parque a miles de familias o sábado saborando as sardiñas á receita tradicional do lugar. Ademais haberá pasarrúas, unha Gala Solidaria Refuxiad@s con catro espectáculos de artes escénicas, circo e humor deseñado para os máis pequenos da casa. Tamén haberá obradoiros e intervención plástica co gallo do Ano Castelao. E o domingo terá lugar unha das novidades desta edición, o Xoubiñas Festi, con concertos e música para os e as pequerrechas das familias. Sesións vermú, recuncho Dub, actividades de cultura mariñeira e moita música nos escenarios Mahou e Turismo Rías Baixas, nunha intensa e ampla programación que comezará o venres 19 de agosto pola tarde e rematará o domingo 21 ben entrada a madrugada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.