MOS
O entorno do Pazo de Mos acollerá en agosto un festival intercéltico
"O Son do Pazo" conta en cartel, na súa segunda edición, con Treixadura e Malvela.
![[Img #26493]](upload/img/periodico/img_26493.jpg)
Mañá pola mañá celebrarase a presentación do II Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Pazo de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, Juana María Moreno Blanco, presidenta do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos; demais membros da directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia (entidade organizadora do Festival) e da Fundación Pazo de Mos.
O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos, os días 12 e 13 de agosto. Esta vai a ser a segunda edición, para a cal contarase con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.
Este evento esta organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos.
A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar da música de grupos da cultura Celta.
Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos. Tamén estarán abertas ao público sendas exposicións de coiro e instrumentos tradicionais durante os dous días do Festival.
A programación constará dos seguintes concertos: o venres 12 de agosto a partir das 22:00 horas apertura do Festival coa Banda de Gaitas Airiños do Castelo, seguida dos grupos Malvela e Tiruleque; e o sábado día 13 a partir das 17:00 horas concentración de coches Seat 600, dende as 20.00 horas terá lugar o Festival BailaMos, e xa ás 22.00 horas chegarán os concertos a cargo dos Gaiteiros da Ruada C.C. de Torroso, Teixadura e Akelarre Agrocelta.
BailaMos
‘O Son do Pazo’ acollerá este ano o festival de música e danza tradicionais BailaMos. Na presente edición participarán un total de 7 grupos.
O Festival BailaMos naceu no ano 2012 da man da concellería de Cultura do Concello de Mos como unha xuntanza de grupos de música e baile tradicional do municipio mosense, co obxectivo de facer un intercambio cultural que resulte beneficioso e satisfactorio para todos/as os/as participantes.
O contorno do Pazo de Mos acollerá este ano, con motivo da celebración da II Edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, o Certame Municipal de Música e Danza Tradicionais BailaMos.
O Festival BailaMos contará este ano coas actuacións de:
1. Grupo de baile Ruada de Torroso
2. Grupo Folclórico Arume
3. As Zaragateiras de As Pedriñas
4. Agrupación Cultural A Cividade
5. Grupo de Baile do Círculo Cultural Abrente
6. Grupo de Baile Galego Santa Eulalia
7. Grupo de Baile Galego Celado de Cela
Estes sete grupos participantes actuarán neste econtro altamente enriquecedor tanto para eles como para todo o público asistente, xa que con actividades coma esta contribúese á conservación da música e do baile tradicionais galegos, fomentando tanto o seu estudo e práctica, coma o interese neles por parte da poboación da nosa localidade.
En total actuarán preto de 200 bailaríns e músicos, entre os que se atoparán os máis pequenos, os cativos de cada unha das agrupacións folclóricas mosenses participantes, que soen ser, ano tras ano, a sensación do certame.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149