GALICIA
A Xunta aproba o decreto do Catálogo das Paisaxes, o punto de partida para a protección, xestión e a planificación da paisaxe do territorio galego
Precisa que o texto establece 211 áreas de especial interese paisaxístico que abranguen máis de 250.000 hectáreas, o que supón delimitar máis do 8,5% do territorio galego como solo rústico de protección paisaxística
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación do Catálogo das Paisaxes de Galicia, que definiu como “unha ferramenta de ordenación do territorio de primeiro nivel” que é “o punto de partida para a protección, a xestión e a planificación da paisaxe galega”.
Logo de lembrar que este documento pasou por un período de información pública entre o 12 de febreiro e o 30 de abril, con 80 achegas que se analizaron e incorporaron ao documento, Feijóo precisou que o texto establece 211 áreas de especial interese paisaxístico que abranguen máis de 250.000 hectáreas, o que supón delimitar máis do 8,5% do territorio galego como solo rústico de protección paisaxística.
Atendendo ás achegas feitas polos cidadáns, amplíanse 11 áreas e incorpóranse a esta relación catro máis das que contemplaba o borrador: Pego Negro e San Xusto-Río Lérez na grande área paisaxística Rías Baixas; Foxo Vello-O Canelar, na grande área Chairas, Fosas e Serras ourensás; e Coto de Cedeseda, na grande área Galicia central
Atendendo ás achegas feitas polos cidadáns, amplíanse 11 áreas e incorpóranse a esta relación catro máis das que contemplaba o borrador: Pego Negro e San Xusto-Río Lérez na grande área paisaxística Rías Baixas; Foxo Vello-O Canelar, na grande área Chairas, Fosas e Serras ourensás; e Coto de Codeseda, na grande área Galicia central.
Así mesmo, tamén se incluíron no catálogo todos os miradoiros solicitados nas alegacións que cumprían as condicións de accesibilidade, 28 máis dos recollidos no borrador. En total en Galicia hai máis de 400 miradoiros con interese paisaxísticos, dixo.
O titular da Xunta explicou tamén que o texto identifica 258 tipos de paisaxe e delimita máis de 28.000 unidades de paisaxe, que resultan da combinación de 5 clases de relevo, 13 clases de cuberta de solo e 5 clases de termotipos. Ademais de recoller o inventario dos valores paisaxísticos presentes en cada área; e a análise do estado actual da paisaxe e as súas causas.
Este documento servirá de base para as Directrices de Paisaxe, nas que xa se está a traballar. O catálogo e as directrices constituirán o Atlas das paisaxes de Galicia, que dará soporte aos diferentes instrumentos de ordenación territorial e urbanística.
“Estamos finalizando todo o percorrido pola paisaxe e estou convencido de que é un bo traballo”, asegurou o presidente, que agradeceu o esforzo a todas as persoas que están a colaborar para dar forma definitiva ao Atlas das Paisaxes de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136