Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 31 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta da o visto bo á conexión do aparcadoiro municipal no HAC

O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou esta semana en rolda de prensa que o único requisito que se pide é que se garanta a seguridade e o paso axeitado das ambulancias nas vías de entrada e nas rotondas.

[Img #26500]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves,  informou esta semana, en rolda de prensa, dos últimos trámites levados a cabo polo Sergas con respecto ao novo aparcadoiro municipal que pretende construír o Concello de Vigo nos terreos cedidos pola Zona Franca nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro.

 

López-Chaves insistiu en que dende a posta en marcha do hospital, hai máis dun ano, xa se puxeron de manifesto melloras sanitarias e de equipamentos e tamén se reduciron as listas de espera. O único que falta é o aparcadoiro disuasorio que xa se contemplaba no proxecto sectorial, pero que o Concello “non construíu”.

 

O delegado territorial da Xunta recordou que o alcalde Abel Caballero, en setembro do ano pasado, anunciou a construción dun aparcadoiro municipal para o hospital que, segundo dixo naquela ocasión, estaría rematado na primavera de 2016. Sen embargo, e coma explicou, foi tan só hai unhas semanas –concretamente o 4 de xullo- cando o Sergas recibiu o proxecto, é dicir, “cun retraso de 10 meses”.

 

 

 

 

Nos accesos ao HAC existe agora mesmo unha intensidade de tráfico que supera os 6.400 vehículos ao día, “moito máis que en rúas coma Julián Estévez ou o túnel de Praza América”, lembrou o delegado

 

 

 

 

López–Chaves informou de que unha vez recibida a documentación, dende a Xunta xa se deu resposta ao Concello de xeito positivo pero coa necesidade de garantir previamente a seguridade nos accesos á infraestrutura sanitaria e que non se produzan estacionamentos inadecuados. De feito, e coma relatou o delegado, o propio escrito remitido ao goberno local expón: “...non se aprecian inconvenientes para esta actuación, aínda que entendemos que é necesario por parte do Concello e con carácter previo á posta en funcionamento do novo aparcadoiro se poñan en marcha os mecanismos que se consideren convenientes para asegurar que tanto na rotonda como nos carrís de circulación non se produzan estacionamentos inadecuados, o que impediría o adecuado funcionamento deste acceso”.

 

O delegado aclarou que na contestación ao Concello de Vigo simplemente se lle indica que se debe garantir o paso axeitado das ambulancias nas vías de acceso porque “teñen que desaparecer os colapsos para evitar problemas nos accesos a Urxencias”. López-Chaves destacou ademais que os propios estudos encargados polo Concello previos á construción tamén detectaron este problema posto que, coma dixo, conclúen que “a execución deste aparcadoiro e a súa conexión sobre as vías existentes non afecta á circulación rodada do entorno sempre que non se obstrúan os carrís da rotonda con vehículos aparcados sobre a superficie da calzada que reduzan a maniobrabilidade e a seguridade da rotonda”.

 

Intensidade de tráfico
Polo tanto, dende a Xunta de Galicia solicítase ao Concello que realice as funcións de tráfico pertinentes na zona xa que “trátase dunha vía cunha intensidade de tráfico superior ao de moitas rúas céntricas da cidade”. De feito, e segundo o propio estudo presentado polo Concello, recoñécese que nos accesos ao HAC existe agora mesmo unha intensidade de tráfico que supera os 6.400 vehículos ao día, “moito máis que en rúas coma Julián Estévez ou o túnel de Praza América”, dixo o delegado, que insistiu así en que a regulación do tráfico é unha “competencia exclusiva do Concello” e que debe actuar no HAC ao igual que fai nas inmediacións do Meixoeiro ou en Beiramar, “onde se multa e existen radares”.

 

“Pedimos o que se establece nos estudos técnicos: que os carrís estean despexados”, concluíu López-Chaves amosando a súa preocupación xa que “non se trata só dun problema de seguridade, senón tamén de saúde” posto que “uns minutos de espera poden ser a diferenza entre un bo e un mal resultado médico”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.