Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 31 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos recibe ós nenos saharauis que pasarán as súas Vacacións en Paz no municipio

Son un total de seis cativos que participan no campamento estival Mañás de Verán así como en outras iniciativas organizadas pola administración local

[Img #26506]

 

Este venres foron oficialmente recibidos no Concello de Mos os seis nenos  e nenas saharauis, procedentes dende o Sáhara para pasar a tempada estival na localidade mosense, realidade que será posible gracias ó programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

 

Seis familias veciñas do municipio mosense acollen a estes cativos no seu seo para que pasen os meses de verán xunto con elas.

 

Ademais dos 6 pequenos protagonistas e as súas familias de acollida, estiveron presentes no recibimento celebrado no Concello a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira delegada de Política Social mosense, Julia Loureiro.

 

O Concello de Mos pon a disposición das familias acolledoras mosenses de xeito totalmente gratuíto a participación dos cativos no campamento estival Mañás de Verán, para que os pais de acollida poidan conciliar fácilmente as súas vidas familiar e laboral. 2 dos 6 pequenos saharauis que pasarán o verán en Mos xa están inscritos neste campamento estival.

 

Ademais o Concello organizará para os cativos saharauis unha xornada de convivencia na Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio entre outras actividades. Esta xornada será unha concentración de tódolos nenos saharauis do programa Vacacións en Paz e as súas familias de acollida durante o que representará un emotivo día de convivencia.

 

Asistencia médica

 

Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán.

 

Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria.

 

Sobre este programa a edil mosense, Julia Loureiro, declarou que “é unha verdadeira sorte poder contar no municipio de Mos con familias que deciden involucrarse nunha causa solidaria coma esta, que trae sorrisos a nenos e nenas que verdadeiramente o necesitan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.