Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 02 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Os pequenos ciclistas do club Teabikes afianzan as súas posicións no ranking galego de miniBtt

[Img #26523]

 

O pasado día 31 de xullo os pequenos bikers galegos tiñan unha cita na parroquia pontevedresa de Salcedo, onde o club ciclista Farto organizaba a I miniBTT comunidade de montes de Salcedo, brindando o público asistente un espectáculo de velocidade e forza nun circuíto rápido o transcorrer a maior parte do circuíto por pistas forestais .Onde nesta ocasión o club ciclista Teabikes  estivo representado polos bikers Nerea Soto na categoría prebenxamíns féminas, Pol Arjones na categoría de promesa masculino, Uxía Soto como Alevín fémina, Iago González e Iván de Sousa na categoría de Alevín masculino.


Despois do tropezo da semana pasada da mais pequena do Club Teabikes no miniBtt concello de Betanzos, cando despois dunha caída con consecuencias mecánicas a pequena biker Nerea Soto tívose que conformar co segundo posto do caixón, nesta ocasión a pequena ciclista achegábase ata a parroquia de Salcedo en Pontevedra  onde asinou unha espectacular actuación cun dominio absoluto da bicicleta nas dúas mangas coas  que constaba a proba para a categoría de prebenxamin, afianzándo o con esta nova vitoria o seu liderazgo no rannking galego de miniBtt,na categoría de prebenxamín fémina.

 

 

[Img #26524]

 

 

Nesta ocasión foi Uxía Soto quen viu como se rompía a súa racha de imbatibilidade, da que viña facendo gala na presente tempada o non haber sido destronada tanto na modalidade de minibtt como na modalidade de estrada ata esta ocasión que tras dúas caídas con atrancos mecánicos como consecuencia destas, viuse relegada a segunda posición desta primeira edición do miniBTT comunidade de montes de Salcedo, conseguindo con esta segunda posición   afianzar o seu liderazgo no ranking galego de miniBTT.


Iago González o igual que Uxía despois dunha disputada xornada onde foi alternando entre a primeira e segunda posición, tívose que conformar o final do día co segundo posto do caixón, polo que sigue sumando para o ranking que actualmente lidera con bastante solvencia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.