PROVINCIA
Digna Rivas anima os xóvenes a participar nas actividades de DepoRuARTE nos seus concellos
A deputada de Cohesión Social e Xuventude recorda que as actividades do programa desenvólvense en 52 concellos de toda a provincia.
A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, anima aos xóvenes a anotarse e participar nos distintos cursos do programa DepoRuARTE que comezan ao logo deste mes en distintos concellos da provincia.
En concreto, o período para anotarse para os cursos das próximas semanas remata nos vindeiros días nos concellos de As Neves, Arbo, Mos, Ribadumia, Cangas, Moaña, Valga, Redondela, A Golada, Marín, Meis, Portas, Moraña e Cuntis. Neste caso as actividades están comprendidas entre cursos de gravación de curtametraxes co móbil, hip-hop, monopatín ou graffiti, entre outros.
Digna Rivas recorda que Depo RuARTE é un programa de dinamización xuvenil, posto en marcha este ano pola Deputación de Pontevedra para achegar actividades de lecer que atendan as demandas actuais dos mozos e mozas da provincia, ofrecéndolles ademais así espazos de encontro e intercambio de experiencias para a xuventude.
Un total de 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes acolléronse a esta iniciativa que achegará diferentes alternativas de ocio á xuventude do municipio. Entre as actividades nas que van poder participar mozos e mozas están, por exemplo, break dance, coctelería e batidos sen alcohol, hip-hop, curtametraxes co móbil, graffiti, cociña en verde, rap ou xogos malabares.
Todas as actividades se engloban en distintas temáticas: MusicARTE, RuARTE, UrbanARTE, CreARTE e CociñARTE. Cada actividade terá unha duración de 25 horas e poderán participar mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, aínda que se pode abrir a outras idades sempre que haxa prazas libres dispoñibles. Desenvolveranse como máximo ata o 15 de setembro, e posteriormente, terá lugar o I Certame Xuvenil Depo RuARTE baseado nas obras e creacións dos propios mozos e mozas feitas nestas actividades.
A deputada de Xuventude subliña que para informarse e anotarse a estas actividades as mozas e mozos deben dirixirse aos seus concellos que son os que xestionan a celebración de cada un dos talleres na súa localidade.
A Deputación de Pontevedra adica a esta actividade preto de cen mil euros nesta edición de 2016.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101