MOS
O IES de Mos xa conta co Bacharelato de Artes que comezará a impartirse o vindeiro curso
Posto que foi unha medida recente da consellería de Educación, o Instituto atópase agora en pleno proceso de matriculación nesta nova modalidade.
![[Img #26575]](upload/img/periodico/img_26575.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informaba onte da boa nova de que a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que dirixe o conselleiro Román Rodríguez, ven de concederlle ó Instituto de Ensinanza Secundaria de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, a impartición do Bacharelato de Artes; que viña sendo moi demandado pola comunidade educativa, tanto pola dirección do centro como pola ANPA e os propios alumnos e alumnas.
A decisión de implantar esta nova modalidade de Bacharelato foille notificada recentemente pola administración autonómica á dirección do IES de Mos, polo que agora o centro atópase en pleno proceso de matrícula dos estudantes que cursarán o vindeiro curso escolar 2016-2017 este itinerario de Artes.
Respecto desta xestión realizada por parte da consellería de Educación a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarouse “moi satisfeita e agradecida porque trátase dunha decisión que dá resposta a unha petición que levaban facendo no IES desde hai xa tempo, posto que había unha notable porcentaxe de alumnado que reclamaba esta modalidade”.
O Instituto de Mos trátase dun centro cunha ampla matriculación, que responde ás necesidades de escolarización da zona. De feito, o curso pasado (2015/2016) matriculáronse 544 alumnos.
Ademais deste novo Bacharelato de Artes, o IES de Mos tamén conta co Bacharelato de Ciencias e co de Humanidades e Ciencias Sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149