MONDARIZ BALNEARIO
O Plan Concellos aporta a Mondariz-Balneario 85.000 € para a rehabilitación da praza de abastos
Co 100% acadado, o investimento en Mondariz-Balneario por parte do Goberno provincial sitúase en 286.605,29 €.
O concello de Mondariz-Balneario xa acadou o 100% de adxudicación do Plan Concellos 2016. Faino despois de que esta semana a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobase un proxecto de rehabilitación da praza de abastos da vila, que recibirá unha achega por parte do Goberno provincial de 84.167,47 €. Esta partida atópase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Ata o momento o Goberno provincial xa entregou as seguintes cantidades ao abeiro do Plan Concellos a Mondariz-Balneario: na liña 1, 108.883,67 € por mor das renovacións do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador e da estrada PO-254 á altura da rúa Constitución e das melloras na rúa Troncoso. Na liña 3, 6.269,42 € que financian o Campionato de Fútbol Sala, a actividade "Cine na Rúa", o Torneo de Golf e a peregrinación ao santuario da Franqueira. E no último lugar, á liña 4 de emprego se lle destinaron 58.987,32 € para a contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas funcións nos servizos municipais.
Acadar o 100% do orzamento destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan Concellos 2016 supón que o investimento na vila, ao abeiro deste programa, por parte do Goberno provincial é de 286.605,29 €.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213