PONTEAREAS
Ponteareas urxe á Consellería de Educación implantar o bacharelato de Artes demandado dende fai unha década
O Goberno local agarda que a Xunta non discrimine a Ponteareas que conta con 1900 alumnos nos 4 institutos cos que conta.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de dirixirse ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, urxindo a concreción do bacharelato de Artes para o vindeiro curso, bacharelato demandado dende fai unha década por toda a comunidade educativa de Ponteareas, amais de ser apoiada tamén por todas as forzas políticas da Corporación. “O Bacharelato de Artes Escénicas Musicais e Danza non é só unha cuestión de Ponteareas, é tamén de interese para o alumnado da comarca que cursa o bacharelato na nosa localidade” manifestou o alcalde.
Represas indicou que Ponteareas conta con alumnado máis que suficiente para xustificar a implantación do bacharelato de Artes. Nos 4 institutos contou o pasado curso con 1917 alumnos e ao mesmo nivel que outros municipios e cabeceiras de comarca, que xa contan con este bacharelato. “Agardamos que o Goberno de Feijoo actúe en consecuencia e atenda esta demanda xa para o vindeiro curso, noutro caso os veciños e veciñas de Ponteareas, as familias que terían que levar os seus fillos a outras localidades, estarían sendo discriminadas” declarou Represas engadindo que “as administracións públicas están obrigadas a respectar a igualdade de oportunidades, e máis, no ámbito educativo. Moitas familias non poden asumir os gastos que supón que os seus fillos teñan que realizar o bacharelato noutra localidade”
A Consellería de Educación anunciou para o vindeiro curso académico que Mos, que conta cun só instituto e 540 alumnos, terá de Bacharelato de Artes Escénicas, Musicais e Danza. Esta decisión o Goberno de Ponteareas considéraa positiva para os veciños de Mos. Por iso, agarda que a Xunta confirme tamén o bacharelato de Artes en Ponteareas pola poboación estudantil, a situación de cabeceira de comarca, a existencia dun Conservatorio de Música, cuestións todas elas que reforzan aínda máis a posición preeminente de Ponteareas para contar con estes estudios.
O alcalde Xosé Represas solicitou unha reunión co Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez para tratar esta demanda e a súa concreción coa maior brevidade posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184