MOS
Os camiños de Carballo do Monte e Cabo da Vella en Guizán melloraranse coa axuda de Medio Rural
O Concello de Mos e a consellería asinaron un convenio de colaboración polo que a administración autonómica financiará as obras necesarias.
![[Img #26615]](upload/img/periodico/img_26615.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que o Concello mosense ven de asinar un convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural que beneficiarán a dous camiños da parroquia de Guizán.
Trátanse de actuacións no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para as que a Xunta de Galicia achegaralle á administración local mosense preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente).
Arévalo, rexedora local mosense, apuntou que “dita axuda aplícase con cargo ó Plan de Emerxencias da consellería do Medio Rural para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais; e grazas a este fondos aportados pola Xunta, poderanse pavimentar, afirmar e mellorar ambos viais”.
Os traballos nestes dous viais realizaranse en base a proxectos que promovan a dinamización da base produtiva do medio rural desta zona, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside na parroquia de Guizán e contribuíndo a fixar a poboación nela.
As obras a realizar nos camiños de Carballo do Monte e Cabo da Vella irán destinadas a optimizar o servizo público dos mesmos, que redundará na mellora do tránsito rodado por estes viais e o incremento da seguridade viaria tanto para condutores coma para peóns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149